O grupo de música tradicional "De Tapas", a cargo da Fundación Igualarte, ofrecerá un concerto en Nigrán este fin de semana. A formación, composta por seis músicos, conta cun repertorio baseado na música tradicional galega, aínda que engaden outras sonoridades e cores musicais, ademais, ofrecen temas propios onde o proceso creativo é fundamental. A cita terá lugar no Auditorio Municipal ás 12:00 horas e a entrada é de balde ata completarse o aforo.
Igualmente, o Concello abre a inscrición para o obradoiro de experimentación e uso dos sentidos para primeira infancia, que se levará a cabo o sábado 17 de decembro na Biblioteca Municipal de Nigrán. Este está dirixido a bebés de ata dous anos, en horario de 17:00 a 18:00 horas, e crianzas de tres a cinco anos, de 18:30 a 19:30 horas. É só para empadroados e poderá participar só un dos titores, estando as prazas limitadas a 10 parellas, filla/a e titor/a. A inscrición debe realizarse no formulario web dispoñible na páxina web do Concello de Nigrán.
Estas actividades forman parte do convenio de 5.000 euros do Concello de Nigrán coa Fundación Igualarte, con sede en Vigo, que loita pola integración das persoas con diversidade funcional no campo artístico e o desenvolvemento das súas competencias creativas e expresivas, sendo a única de España adicada ao desenvolvemento artístico destas persoas.
Nigrán presenta un nuevo ciclo musical para todo el verano. Una nueva apuesta por la música en directo en el área de Vigo
Un pequeño concello a poco más de una hora de Vigo disfrutará de nuevo de una gran fiesta mexicana. Habrá comida tradicional y música en directo
Vuelve en Cerveira el Splash Family Festival. Durará dos días y tendrá hinchables para todas las edades, alguno de hasta 12 metros de altura
Nigrán ofrece la oportunidad de ver al aire libre y de noche una destacada película rodada en el área de Vigo. Este es el horario y el lugar
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL