• Chiringuitos Vigo
  • Chayanne Castrelos
  • Super 24 horas Vigo
  • Entradas Chayanne Vigo
  • The Champions Burger
  • Nuevo puente internacional
  • Festival Vigo
  • Mercado Vigo
  • Fiesta gastronómica
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Qué hacer Música

A Orquestra Vigo 430 únese a Ledicia Costas para homenaxear a Xela Arias

A Real Academia Galega dedicaralle as Letras Galegas 2021 a Xela Arias
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
28/06/2021

O pasado 17 de maio dedicouse o Día dás Letras Galegas á poeta Xela Arias, unha muller icónica, feminista, rebelde; anticipada ao seu tempo. Este xoves 1 de xullo, a Orquestra Vigo 430 súmase aos actos na súa memoria cun evento moi especial. Unha Homenaxe a Xela Arias na que o Ensemble Vigo 430 únese á escritora Ledicia Costas nun concerto diferente, no que se intercalarán a interpretación de pezas dos compositores Edvard Grieg e Robert Schumann con diversos poemas da obra de Xela Arias. Celebrarase a partir das 20:00 horas no Auditorio do Concello.

O Ensemble Vigo 430 contará, para esta cita tan sinalada, coa violinista Ioana Cristina Goicea, quen aos seus 27 anos é, ademais dunha solicitada concertista internacional, profesora de violín da prestixiosa Universidade de Música e Artes Escénicas de Viena. Foi laureada nos máis importantes concursos de violín, como o Michael Hill, Fritz Kreisler ou o Queen Elizabeth, e o seu interese pola música de cámara tráea de novo a Vigo para colaborar nesta homenaxe co Ensemble Vigo 430, que estará formado nesta ocasión por Severino Ortiz (piano), Mario Peris (violín), Javier Escobar (viola) e Ariadna Chmelik (violoncelo).

Másnoticias

Un boleto de la Bonoloto sellado en Coruxo deja un premio de más de 30.000 euros en Vigo

Un boleto de la Bonoloto sellado en Coruxo deja un premio de más de 30.000 euros en Vigo

21/07/2026
Nigrán celebrará su festival más especial junto al mar para encontrar una cura para Mauri

Nace un nuevo festival en distintos escenarios de Nigrán con conciertos gratis durante el atardecer

21/07/2026

Unha cita na que se poderá gozar de dúas suxestivas obras de música de cámara: en primeiro lugar, Ioana C. Goicea e Severino Ortiz interpretarán a sonata para violín e piano op.45 en do menor do compositor nórdico Edvard Grieg, unha obra que, caracterizada pola súa gran intensidade dramática, foi aclamada en toda Europa desde o momento da súa estrea -en 1887-. O programa musical completarase cunha das obras máis soadas do repertorio camerístico, como é o quinteto op.44 para piano e cordas de Robert Schumann. Considerada como o prototipo do romanticismo musical, trátase da primeira gran obra mestra para piano e cuarteto de cordas, estreada en 1843. A obra constitúe un modelo de dinamismo, fantasía imaxinativa e frescura.

Unha frescura que chegará ao Auditorio do Concello tamén co recital de poemas de Xela Arias. Un percorrido por toda a súa obra que correrá a cargo da laureada escritora viguesa Ledicia Costas. Autora versátil, galardoada co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil en 2015 e recoñecida como Viguesa Distinguida o pasado 2018, entre outras moitas distincións, converteuse nun fenómeno de masas cos seus libros de Esmeraldina, Escarlatina ou Señorita Bubble. As súas obras traducíronse ao italiano, francés, inglés, coreano, búlgaro, romanés ou persa. ‘Infamia’ foi o debut de Ledicia Costas na narrativa adulta; unha obra vibrante que tamén cultivou numerosos éxitos.

O acto será presentado pola xornalista viguesa Guada Guerra. Coma sempre, respectaranse as restricións de aforo derivadas da situación sanitaria, e respectaranse todas as medidas de seguridade pertinentes. A entrada para gozar do evento será gratuíta. Para cumprir cos protocolos, así como para evitar aglomeracións e malentendidos á entrada do concerto, será necesario efectuar unha reserva previa en [email protected], indicando o número de asistentes e os seus datos de contacto -nome, apelidos, DNI-. O xoves darase prioridade no acceso a todas aquelas persoas que conten con reserva previa. Unha vez sexan xestionadas as reservas, se continúa habendo butacas dispoñibles, a entrada será libre ata completar o aforo permitido.

Temas: conciertos en VigoDía das Letras Galegasespectáculos en VigoOrquesta Vigo 430Vigo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Nigrán celebrará su festival más especial junto al mar para encontrar una cura para Mauri
Música

Nace un nuevo festival en distintos escenarios de Nigrán con conciertos gratis durante el atardecer

Nigrán presenta un nuevo ciclo musical para todo el verano. Una nueva apuesta por la música en directo en el área de Vigo

PorSara Rodríguez
21/07/2026
La mayor fiesta mexicana de Galicia ya tiene fecha para su nueva edición, con mariachis y comida auténtica
Fiestas

La mayor fiesta mexicana de Galicia ya tiene fecha para su nueva edición, con mariachis y comida auténtica

Un pequeño concello a poco más de una hora de Vigo disfrutará de nuevo de una gran fiesta mexicana. Habrá comida tradicional y música en directo

PorIván Dacal
21/07/2026
Grandes hinchables, fiesta de la espuma y música en un festival junto al Miño en el norte de Portugal
Qué hacer

Grandes hinchables, fiesta de la espuma y música en un festival junto al Miño en el norte de Portugal

Vuelve en Cerveira el Splash Family Festival. Durará dos días y tendrá hinchables para todas las edades, alguno de hasta 12 metros de altura

PorIván Dacal
21/07/2026
Fiestas gastronómicas, mercadillos vintage y verbenas para despedir enero en Vigo y su área
Qué hacer

Un concello del área de Vigo propone una sesión de cine de verano bajo las estrellas

Nigrán ofrece la oportunidad de ver al aire libre y de noche una destacada película rodada en el área de Vigo. Este es el horario y el lugar

PorIván Dacal
21/07/2026
O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia
Enfoque

O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

PorUxía Pérez
16/07/2026

Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

24julTodo el día26Fiesta de Porrigalia 2026 en O PorriñoFIESTAS | O PORRIÑO

25julTodo el día26Festa da Sardiña en A Guía, TeisFIESTAS GASTRONÓMICAS | VIGO

25jul12:0023:59Bocados e Grolos en NigránCÓCTELES Y TAPAS | NIGRÁN

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X