Tras dous días de proxeccións no museo MARCO, o Festival Primavera do Cine continúa a súa andaina no auditorio do concello, onde se poderá presenciar a totalidade da programación de curtametraxes e longametraxes en sección oficial entre o xoves día 7 e o sábado 9.
Este xoves, en horario de 19:00 h, proxéctase o último pase do bloque de curtametraxes titulado Charneca em flor, composto polos seguintes filmes. Pedro e Inácio, dirixido por Caio Dornelas, un documental de corte político e combativo que aborda as loitas camponesas polo dereito á terra nunha pequena comunidade do Brasil.
A jornada, dirixido por Mateus Rosa, un traballo de cinema experimental en súper 8 dun cineasta que podemos considerar, pola súa traxectoria, un referente internacional neste xénero.
Ciranda feiticeira, dirixido por Lula Gonzaga e Tiago Delácio, un traballo de cinema de animación. Lula Gonzaga é un dos grandes veteranos da animación brasileira. Foi o primeiro cineasta en realizar unha curtametraxe de animación na importante industria cinematográfica de Pernambuco: Ver ouvindo en 1972.
En horario de 20:30 comeza a sección oficial de longametraxes coa proxección de Meu amigo Lorenzo, dirixida por André Luiz Oliveira. O filme narra a relación de amizade que se establece entre o cineasta e un neno con autismo a través dun obradoiro de musicoterapia con sesións gravadas ao longo de quince anos.
André Luiz Oliveira é todo un icono do cinema marxinal brasileiro desde finais dos anos sesenta, etiqueta que acadou a partir da difusión do seu filme Meteorango kid, o heroi intergaláctico (1969). A súa traxectoria está composta por numerosos filmes de prestixio como A lenda de Ubirajara (1974) e Louco por cinema (1994).
A organización do festival destaca que seguen abertas as inscricións para o obradoiro Proxecto Remolque e a conferencia sobre cine e perspectiva de xénero impartida por Adriana Páramo: inscricións gratuítas no mail [email protected]
Nigrán presenta un nuevo ciclo musical para todo el verano. Una nueva apuesta por la música en directo en el área de Vigo
Un pequeño concello a poco más de una hora de Vigo disfrutará de nuevo de una gran fiesta mexicana. Habrá comida tradicional y música en directo
Vuelve en Cerveira el Splash Family Festival. Durará dos días y tendrá hinchables para todas las edades, alguno de hasta 12 metros de altura
Nigrán ofrece la oportunidad de ver al aire libre y de noche una destacada película rodada en el área de Vigo. Este es el horario y el lugar
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL