• Entradas Abraham Mateo
  • Apertura en Vigo
  • Festival Nigrán
  • Chiringuitos Vigo
  • Nuevo puente internacional
  • Fiesta gastronómica
  • Fiesta mexicana Galicia
  • Festival Cerveira
  • Playas Baiona
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Qué hacer

A Ruta Romana do Viño, segundo destino para os roteiros culturais da UVigo

A Ruta Romana do Viño, segundo destino para os roteiros culturais da UVigo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
31/10/2022

Despois de arrancar o pasado 25 de outubro a súa actividade, as rutas culturais da Universidade de Vigo continúan o sábado 5 de novembro a súa programación. Será coa realización da Ruta Romana do Viño, de Larouco (Ourense). A inscrición está aberta á comunidade universitaria, que ten preferencia, e á cidadanía en xeral.

A programación, organizada pola Área de Área de Benestar, Saúde e Deporte da UVigo, arrancou o pasado 25 de outubro coa Ruta Foz do Lima, Cabedelo e Ribeira de Anha (Viana do Castelo, Portugal). Cunha dificultade baixa e 17 quilómetros de distancia, as 95 persoas participantes, membros da comunidade universitaria e de fóra dela, realizaron un percorrido ao pé da praia de Cabedelo, entre a desembocadura do río Limia e o monumento natural local da Ribeira de Anha. José García-Calvo Willy, coordinador das rutas culturais desde o campus de Ourense, destaca deste arranque “a boa resposta das e dos participantes” a pesar do mal tempo reinante. “A xente tiña moitas gañas de andar”, apuntou.

Másnoticias

O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

16/07/2026
O CIM analiza se a alcalinización dos océanos é segura para a vida mariña con maior temperatura da auga

O CIM analiza se a alcalinización dos océanos é segura para a vida mariña con maior temperatura da auga

16/07/2026

Tras este inicio, a segunda das andainas deste curso académico será a Ruta Romana do Viño (Larouco, Ourense) o día 5 de novembro. Con 18 quilómetros de percorrido e dificultade media, preséntase como unha andaina “para saborear as tinguiduras mediterráneas das paisaxes de Larouco” pois, sinalan os responsables da actividade, “os antigos romanos xa souberon sacar desta terra o gran viño que aínda hoxe caracteriza o lugar, coas tradicionais covas escavadas no subsolo”. A actividade inclúe unha cata de viños. “Será unha andaina moi diferente á primeira, andaremos por unha paisaxe encantadora, de viñedos e montes. Eu creo que vai a gustar moito”, sinala García-Calvo.

Inscrición

A información de cada ruta e a inscrición realízase a través do Campus Activo da UVigo. Os prezos oscilan en función do colectivo de pertenza de cada persoa, habendo ademais a posibilidade de bonos. Está aberta de xeito exclusivo para a comunidade universitaria ata o luns anterior a cada ruta. No caso de quedar prazas libres, o martes, mércores e xoves anteriores á andaina permitirase a inscrición de calquera persoa interesada. Para cada roteiro haberá autobuses que trasladen ás e aos participantes dende cada un dos tres campus da Universidade de Vigo (Vigo, Pontevedra e Ourense) ao inicio do percorrido e de regreso. Todos os itinerarios para GPS poderán descargarse, xunto coas fotografías de cada ruta e toda a información complementaria, no blog destes roteiros universitarios.

Máis oportunidades

Seguindo a programación de roteiros universitarios, o 26 de novembro terá lugar a Ruta Cabo Udra (Bueu, Pontevedra), de dificultade tamén baixa e 18 quilómetros de percorrido. Trátase, explican desde a organización, dun itinerario “na ría de Aldán para descubrir un dos litorais máis fermosos de Galicia ata unha paisaxe recoñecida como lugar de interese comunitaria polos seus magníficos valores naturais”. Por último, o 17 de decembro celebrarase a cuarta andaina cultural deste cuadrimestre, que leva por nome Sicenata Pacata. Ruta do Castelo de Parada (Pereiro de Aguiar, Ourense). De dificultade media e 19 quilómetros, neste roteiro na entrada da Ribeira Sacra do Miño, “camiño polo que discorreron persoas e mercadorías dende hai miles de anos”, indican desde a súa organización, “cada pedra agocha unha mensaxe aínda sen descifrar”. A actividade inclúe iniciación á micoloxía e un magosto festivo ao rematar

Temas: Universidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Nigrán celebrará su festival más especial junto al mar para encontrar una cura para Mauri
Música

Nace un nuevo festival en distintos escenarios de Nigrán con conciertos gratis durante el atardecer

...

PorSara Rodríguez
21/07/2026
La mayor fiesta mexicana de Galicia ya tiene fecha para su nueva edición, con mariachis y comida auténtica
Fiestas

La mayor fiesta mexicana de Galicia ya tiene fecha para su nueva edición, con mariachis y comida auténtica

...

PorIván Dacal
21/07/2026
Grandes hinchables, fiesta de la espuma y música en un festival junto al Miño en el norte de Portugal
Qué hacer

Grandes hinchables, fiesta de la espuma y música en un festival junto al Miño en el norte de Portugal

...

PorIván Dacal
21/07/2026
Fiestas gastronómicas, mercadillos vintage y verbenas para despedir enero en Vigo y su área
Qué hacer

Un concello del área de Vigo propone una sesión de cine de verano bajo las estrellas

...

PorIván Dacal
21/07/2026
O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia
Enfoque

O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

PorUxía Pérez
16/07/2026

Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

24julTodo el día26Fiesta de Porrigalia 2026 en O PorriñoFIESTAS | O PORRIÑO

25julTodo el día26Festa da Sardiña en A Guía, TeisFIESTAS GASTRONÓMICAS | VIGO

25jul12:0023:59Bocados e Grolos en NigránCÓCTELES Y TAPAS | NIGRÁN

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X