Até 22 actividades diferentes. O Concello de Moaña prepara este ano un intenso programa de Nadal pensado para todos os gustos e para todas as sensibilidades que encherá o mes de decembro de música, cinema e actividades infantís.
A primeira cita, que dará o pistoletazo de saída ao Nadal será este venres, 1 de decembro, no Parque do Concello. Ás 17:00 horas terá lugar a actividade de animación á lectura dos máis cativos Rechouchío. Xa ás 18:30 horas comezará o acto de acendido do alumeado de Nadal co alumnado da Escola de Música.
Nesta mesma fin de semana, os Matapardales organizan unha chocolatada solidaria o domingo ás 16:00 horas no Pavillón de Reibón. Recolleranse alimentos non perecedoiros e haberá unha clase de zumba demais de obradoiros e actividades infantís para os cativos.
O venres, 15 de decembro, na estrea do renova centro sociocultural Castroviejo, en Tirán, volverán os rechouchíos con “Sabela e o paxaro máxico” ás 17:00 horas. O grupo Lembranzas amenizará unha chocolatada ás 18:00 horas namentres que ás 20:30 horas proxectarase o documental de Xan Leira sobre Manuel Arís. De xeito paralelo, a Igrexa do Carme acollerá dende as 19:45 horas o Festival de Panxoliñas.
O sábado, 16 de decembro, terá lugar o mercado solidario organizado po Colonias Canguesas no alto da praza e ás 18:00 horas comezará o Festival Folclórico do Nadal con Breogán, Charaviscas e A Solaina no IES As Barxas.
As actividades continuarán ao longo do mes con actuacións de maxia, zumba solidaria e concertos, que podes consultar no cartel a continuación.
Cada quen poderá escoller a quen pedir os regalos de Nadal en Moaña. O domingo, 24 de decembro, os nenos e nenas moañeses terán dúas máxicas visitas. Ás 12:00 horas producirase a recepción de Papa Noel no alto da praza, onde haberá diversas actividades infantís.
Pola súa parte, o Apalpador, figura lendaria do Nadal galego, especialmente nos Ancares e Sarria, chegará tamén a Moaña, na mesma xornada pero as 17:00 horas. Con el traerá landras do Courel. Estará no Parque da Praza.
Por último, xa en xaneiro, a habitual cabalgata de Reis percorrerán ot ramo que vai dende A Mosqueira até o Concello, onde haberá inchables e cabalos para a rapazada.
Nigrán presenta un nuevo ciclo musical para todo el verano. Una nueva apuesta por la música en directo en el área de Vigo
Un pequeño concello a poco más de una hora de Vigo disfrutará de nuevo de una gran fiesta mexicana. Habrá comida tradicional y música en directo
Vuelve en Cerveira el Splash Family Festival. Durará dos días y tendrá hinchables para todas las edades, alguno de hasta 12 metros de altura
Nigrán ofrece la oportunidad de ver al aire libre y de noche una destacada película rodada en el área de Vigo. Este es el horario y el lugar
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL