• Proyecto Teis
  • Planazos finde
  • Liquidación en Vigo
  • Ruta gastro Mos
  • Tortilla gigante
  • Transformación en Samil
  • Festa do Marisco
  • La Vuelta Galicia
  • "Fodechinchos Fest"
  • Festival Tui
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Qué hacer

Arranca cunha chocolatada a celebración do San Pepe máis “alternativo e sostible”

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
15/03/2022

Unha chocolatada amenizada con música e xogos na sede cidade da Escola de Enxeñaría Industrial serviu este martes de arranque das celebracións de San Pepe 2022, unha festa organizada pola Delegación de Alumnado do centro e que este ano chega cargada de actividades “alternativas e sostibles coas que crear comunidade a afastarse da idea de botellón”, tal e como eles mesmos explican. Mañá mércores repetirán esta actividade na sede campus e por alí pasarán o reitor, Manuel Reigosa, e o director da escola, Juan E. Pardo: o xoves botarán a andar os torneos deportivos e o broche final será o venres 8 de abril coa entrega da II edición dos Premios Laranxa ao Mérito Docente para as profesoras e profesores mellor valorados.

“Queremos integrar e facer comunidade entre as persoas de todos os sectores que coexistimos na universidade”, explica o estudante Antonio Ramos, un dos delegados, ao tempo en que insiste en que se trata de facer “a nosa pequena Revolución Industrial”, promocionando os hábitos saudables, previndo as condutas de risco e dinamizando tamén a lingua galega. As actividades deportivas arrancan o xoves 17 cos torneos telemáticos de e-sports (League Of Legends e Team Fight Tactics) e xadrez, cunha primeira fase clasificatoria en liña –do 17 ao 20 de marzo- e unha final presencial, o 25 de marzo. Ademais, haberá tamén ping-pong e concurso de triplas, e en todas as competicións poderán participar tanto o alumnado, como o persoal docente e investigador e o persoal de administración e servizos.

Másnoticias

Dos pequeños edificios históricos en Vigo serán demolidos para construir 12 viviendas

06/09/2025

Vigo avanza un proyecto de 30.000 metros cuadrados con zonas comerciales y residenciales en Teis

05/09/2025

Coas votacións abertas a todos os alumnos e alumnas da Escola de Enxeñería Industrial, outra das grandes novidades desta edición é a entrega, por primeira vez presencial, dos Premios Laranxa ao mérito docente. Será o 8 de abril, “nunha gala chea de sorpresas” e que ser retransmitirá a través de UVigo TV. “No momento da entrega, tras anunciar cada gañador, proxectarase un vídeo no que se recollerán testemuñas de membros da comunidade universitaria falando das calidades do PDI ou PAS premiado”, explican desde a organización, ao que tamén engaden que lle farán chegar a cada persoa gañadora un pequeno trofeo “co que poidan ter presente ese recoñecemento outorgado polos estudantes da escola”.

A celebración institucional será este xoves na sede cidade

Á marxe das actividades festivas organizadas desde a Delegación de Alumnado, a celebración institucional do patrón da Escola de Enxeñaría Industrial, San Xosé, será este xoves na sede cidade da escola. O acto arrancará ás 12:00 horas coa conferencia, Beta Implants: un proxecto de excelencia empresarial de BioIngeniería, impartida por Bibiana Rodiño, directora xeral de BETA Implants, e a continuación terá lugar a tradicional entrega de recoñecementos: aos docentes mellor valorados segundo as enquisas realizadas ao alumnado da EEI; aos mozos e mozas investigadoras da EEI como Persoal de Investigación en Formación; ao Persoal de Administración e Servizos e aos docentes que cumpran 30 anos de antigüidade como docentes. O acto pecharase coa intervención do director da escola, Juan E. Pardo Froján, e a realización dunha foto de familia de todas as persoas participantes

Temas: Universidade de VigoUVigoVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Fiestas

O Porriño presenta un mes entero de fiestas con Panorama, Beret, nuevo festival y Festa dos Callos

...

PorIván Dacal
06/09/2025
Fiestas

Vigo y su área se llenan de planazos para poner buen sabor de boca al primer finde de septiembre

...

PorÁngel Vila
05/09/2025
Freepik y Feria del Huevo Campero
Fogones

Un pequeño concello de Galicia busca elaborar el huevo frito y la tortilla más grandes del mundo

...

PorIván Dacal
05/09/2025
Fogones

Desde tostas a callos, así son los pinchos especiales a 1 euro que se pueden degustar en Mos

...

PorIván Dacal
05/09/2025
Enfoque

A investigadora da UVigo Lucía Cassani acada o premio Young Investigator Award

PorMetropolitano
05/09/2025

O seu traballo céntrase na extracción verde de compostos bioactivos de subprodutos agroalimentarios

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

13agoTodo el díaTradition, the origin of circus con Evolution Circus en NigránCIRCO | NIGRÁN

04sepTodo el díaFiesta del Marisco de Vigo 2025GASTRO | VIGO

06sep11:00Festival Boas Vibes de TuiFESTIVALES | TUI

06sep(sep 6)16:15Negrita Music Festival en O PorriñoFESTIVAL | O PORRIÑO

06sep19:00Festival de Charangas de SalcedaFESTIVAL | SALCEDA | GRATIS

07sep09:00Festa dos Callos de SalcedaFIESTA GASTRONÓMICA | SALCEDA

Ver más eventos
Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X