As algas autóctonas embelecen o Auditorio do Concello de Nigrán ata o 18 de xuño. Este prodixio é grazas á Escola Municipal de Gravado, que expón neste espazo parte do traballo realizado ao longo do curso e, con especial interese, amosan o proxecto común no que centraron os derradeiros meses: versionar os diferentes tipos de plantas acuáticas pertencentes ao Parque Nacional Illas Atlánticas.
Os 16 alumnos, liderados pola mestra Ana Barbará, documentáronse e recolleron algas co fin de plasmalas artísticamente mediante diferentes técnicas de estampación ou gravado. O resultado son 27 obras cuxo resultado se pode apreciar no Auditorio Municipal de Nigrán de 19:30 a 21:00 horas.
"Tendo en conta que as algas son esenciais para a vida dos océanos porque osixenan a auga, son alimento dos peixes e fauna mariña e se empregan para o consumo humano directo e na industria alimentaria, farmacéutica etc. non podemos ignorar a súa importancia e a necesidade de protexelas. O quecemento dos océanos debido ao cambio climático xa empeza a notarse cunha diminución das especies que habitan as nosas rías e o grupo de Gravadores de Nigrán somos sensibles a esta problemática", indica a súa profesora desde a escola, quen aproveitou a experiencia profesional, algún vinculado á ciencia mariña, e a sensibilidade do alumnado adulto para traballar na temática.
"Estamos moi orgullosos de ser seguramente unha das únicas escolas municipais de gravado de toda Galicia e seguiremos apostando por ela como o facemos con Pintura ou Cerámica", explica o alcalde, Juan González, quen indica que o obxectivo é trasladalos das escolas de Balinfra ao antigo ambulatorio de Panxón, que será cedido de xeito inminente ao Concello. "Gañarán un espazo mellor e unha localización que lles outorgará visibilidade", explica o rexedor, quen destaca que precisamente este curso o Concello investíu 5.700 € na compra dun tórculo (prensa profesional).
Nigrán presenta un nuevo ciclo musical para todo el verano. Una nueva apuesta por la música en directo en el área de Vigo
Un pequeño concello a poco más de una hora de Vigo disfrutará de nuevo de una gran fiesta mexicana. Habrá comida tradicional y música en directo
Vuelve en Cerveira el Splash Family Festival. Durará dos días y tendrá hinchables para todas las edades, alguno de hasta 12 metros de altura
Nigrán ofrece la oportunidad de ver al aire libre y de noche una destacada película rodada en el área de Vigo. Este es el horario y el lugar
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL