• Entradas Abraham Mateo
  • Apertura en Vigo
  • Festival Nigrán
  • Chiringuitos Vigo
  • Nuevo puente internacional
  • Fiesta gastronómica
  • Fiesta mexicana Galicia
  • Festival Cerveira
  • Playas Baiona
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Qué hacer

As rutas culturais da UVigo retoman a súa actividade

As rutas culturais da UVigo retoman a súa actividade
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
29/09/2021

Despois de parar a súa actividade debido á pandemia, as rutas culturais da Universidade de Vigo volven á palestra. A Área de Benestar, Saúde e Deporte organiza para este primeiro cuadrimestre catro andainas nas provincias de Ourense e Pontevedra que teñen como obxectivo volver a fomentar o hábito de camiñar e aprender camiñando. Como en anteriores edicións, a iniciativa está aberta á participación tanto da comunidade universitaria como da cidadanía en xeral.

“É unha alegría enorme volver e intentar recuperar algo da normalidade que tiñamos antes”, comenta José García-Calvo, Willy, coordinador das rutas culturais desde o campus de Ourense. A pandemia, lembra, “foi unha etapa moi complicada para todos e a xente ten moita ansia de socializar, de falar, de camiñar acompañados... e se é pola natureza moito mellor”. José García-Calvo destaca como nas andainas da UVigo “xa tiñamos formado despois de tantos anos un grupo moi homoxéneo, moi consolidado”, grupo que, recalca, “botou moito de menos” esta programación de rutas culturais e “poder irse de ruta os sábados”. Para recuperar esta rutina, explica, deseñouse para este curso académico unha programación de andainas “moi bonita” que arranca con propostas de dificultade baixa, para volver a coller o hábito de camiñar, e que está previsto que continúe o vindeiro ano con propostas vinculadas ao Ano Xacobeo.

Másnoticias

Vigo descubre los secretos mejor guardados de su patrimonio con la fascinante CMAG

O Concello de Vigo amosa a maior mostra de arte galega na Casa das Artes

22/07/2026
Vecinos de Teis señalan que la vegetación ocupa calles y caminos y piden al Concello que la rocen

Vecinos de Teis señalan que la vegetación ocupa calles y caminos y piden al Concello que la rocen

21/07/2026

Neste regreso das andainas, explica Rodrigo Alberte, responsable da Área de Benestar, Saúde e Deporte do campus de Ourense, faise fincapé nas medidas de prevención da covid-19 co obxectivo de ofrecer unha actividade segura ao aire libre. Entre as medidas postas en marcha, destaca o feito de que nesta edición “todas as rutas son circulares, de modo que se dará a posibilidade aos participantes de desprazarse no seu vehículo ata o inicio da andaina, pensando nas persoas que non queren viaxar aínda en autobús”. Igualmente, indica, optouse por rutas que non esixen grandes desprazamentos. “Despois de tantos meses estamos moi satisfeitos de retomar unha actividade que é moi importante na nosa programación e animamos á xente a participar nela, a reencontrarse cos compañeiros e compañeiras de andainas e a recuperar o bo ambiente que tiñamos nas rutas”, sinala Rodrigo Alberte.

Catro propostas

A primeira das andainas será o día 16 de outubro pola contorna da cidade de Ourense, concretamente polos muíños do río Loña, no Concello de Pereiro de Aguiar. Será un percorrido de dificultade baixa e 17 quilómetros de distancia que arrancará e rematará no encoro de Cachamuíña e que pasará por Santa Marta de Moreiras, Loñoá e monte da Chaira. A segunda ruta será o 30 de outubro polas fragas do río Barragán, en Pazos de Borbén (Pontevedra). De dificultade baixa-media e 18 quilómetros de distancia, as e os participantes, indican desde a organización, poderán camiñar por “unha paisaxe de ribeira ideal para percorrer no outono”. O itinerario comezará e rematará en As Raposeiras e pasará por Freaza, monte da Cidade, fraga do Rei e As Lombas.

O 20 de novembro celebrarase a terceira das rutas culturais, que se achegará á Illa de Arousa (Pontevedra). Con 20 quilómetros de distancia e dificultade baixa-media, será, indican desde a organización, “un percorrido circular arredor da Illa de Arousa; unha oportunidade única para descubrir o complexo intermareal Punta de Carreirón, as súas praias e espazos naturais. Pero tamén a ocasión perfecta para visitar aldeas mariñeiras onde comprobar a convivencia harmónica secular do ser humano co medio”. Por último, a programación deste primeiro cuadrimestre pecharase o 11 de decembro cunha andaina que leva por título Ermida de San Mamede-Pozo dos Mouros (Vilar de Barrio, Ourense). Cunha distancia de 15 quilómetros e unha dificultade media, desde a organización dos roteiros indican que é “unha das rutas de montaña máis fermosas que a día de hoxe poden facerse na serra de San Mamede, combinando as paisaxes de ribeira e prado no fondo do val, cos amplos horizontes e inigualables panorámicas do alto da montaña”. O itinerario que seguirán as e os participantes será Rebordechao, Pozo dos Mouros, capela de San Mamede e Rebordechao.

Como en anteriores edicións, haberá autobuses que trasladarán ás e aos participantes dende cada un dos tres campus da Universidade de Vigo ao inicio de ruta. O desenvolvemento das andainas, cuxo prezo varía en función do colectivo de pertenza, atenderá ao protocolo de prevención da covid-19 en vixencia en cada momento. De acordo con esta normativa, de partida fíxase un máximo de prazas de 40 persoas para os campus de Vigo-Pontevedra e outras 40 prazas para o campus de Ourense (total 80 persoas), dividíndose en grupos de 20 persoas por monitor/monitora durante o desenvolvemento da andaina.

Temas: Universidade de VigoUVigoVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Nigrán celebrará su festival más especial junto al mar para encontrar una cura para Mauri
Música

Nace un nuevo festival en distintos escenarios de Nigrán con conciertos gratis durante el atardecer

...

PorSara Rodríguez
21/07/2026
La mayor fiesta mexicana de Galicia ya tiene fecha para su nueva edición, con mariachis y comida auténtica
Fiestas

La mayor fiesta mexicana de Galicia ya tiene fecha para su nueva edición, con mariachis y comida auténtica

...

PorIván Dacal
21/07/2026
Grandes hinchables, fiesta de la espuma y música en un festival junto al Miño en el norte de Portugal
Qué hacer

Grandes hinchables, fiesta de la espuma y música en un festival junto al Miño en el norte de Portugal

...

PorIván Dacal
21/07/2026
Fiestas gastronómicas, mercadillos vintage y verbenas para despedir enero en Vigo y su área
Qué hacer

Un concello del área de Vigo propone una sesión de cine de verano bajo las estrellas

...

PorIván Dacal
21/07/2026
O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia
Enfoque

O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

PorUxía Pérez
16/07/2026

Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

24julTodo el día26Fiesta de Porrigalia 2026 en O PorriñoFIESTAS | O PORRIÑO

25julTodo el día26Festa da Sardiña en A Guía, TeisFIESTAS GASTRONÓMICAS | VIGO

25jul12:0023:59Bocados e Grolos en NigránCÓCTELES Y TAPAS | NIGRÁN

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X