O Casco Vello prepárase para viaxar a 1809 e revivir a expulsión do Exército Francés coa Reconquista 2018. Namentres esperamos a que chegue unha das festas máis importantes da cidade, que este ano trasládase ao 7 e 8 de abril para evitar a súa coincidencia coa Semana Santa, os hostaleiros do Casco Vello de Vigo organizan unha nova ruta gastronómica. Nace Retapas.
Da man da Asociación Casco Vello de Vigo, esta primeira edición do certame gastronómico Retapas conta coa participación de 34 locais do conxunto histórico vigués que, entre o 14 e o 25 de marzo, compiten por ofrecer o seu mellor petisco.
As tapas desta edición foron creadas ex profeso e na súa elaboración contan, polo menos, cun produto pertencente a algunha Denominación de Orixe ou Indicación Xeográfica Protexida de Galicia.
O roteiro de Retapas dividese en cinco itinerarios con entre seis e sete establecementos participantes. As rutas son Porta do Berbés, Porta do Mar, Porta da Falperra, Porta do Sol e Porta da Gamboa.
Todas as tapas teñen un prezo común de 2€. Ademais, cada establecemento participante suxeriranos acompañalas cunha maridaxe concreta. Neste caso, o prezo da bebida será determinado independentemente por cada un deles.
Os locais participantes competirán por facerse coa “Mellor Retapa 2018” e “Mellor Retapa con maridaxe 2018”. Porén, tamén hai premios para os asistentes. Todos aqueles que consuman unha tapa de cada zona ou itinerario entrarán no sorteo de 25 lotes de produtos das empresas colaboradoras.
O I Certame Gastronómico Retapas de Vigo celébrase entre o 14 e o 25 de marzo, como previa á Reconquista 2018.
Una experiencia única para ver los Fuegos de Bouzas desde el mar y con picoteo. Los barcos parten desde Vigo y Cangas
El Casco Vello de Vigo suma una nueva propuesta gastronómica y cultural. Así es el concepto de esta pareja que llega desde Buenos Aires
Si te gusta la vieira, no te puedes perder esta fiesta gastronómica a 40 minutos de Vigo. La Festa da Vieira de Cambados desvela las tapas y precios
Vuelve el terrorífico "Pueblo Fantasma" con tres días de adrenalina, miedo y humor. Uno de los planazos del verano en Galicia (y a solo 90 minutos de Vigo)
A obra conta cun orzamento de 10 millóns de euros e durará arredor de 20 meses
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL