Máis e máis tapas. O Concello de Salceda vive entre o 20 de abril e o 12 de maio, os venres e sábados, a súa particular ruta de petiscos. No caso salcedense este roteiro é particular, xa que rende tributo a un dos alimentos máis populares da nosa cultura: os bocadillos. Así, a primeira ruta do Bocaselas contará coa participación de 15 locais que ofreceran as súas particulares creacións gastronómicas en pan.
O asistentes poderán desfrutar do Bocaselas os venres e sábados, establecéndose dúas rutas diferentes cada xornada. Os venres participan nove locais (A Calustra, A Tabertenda, Templo, Hamburguesería Lajala, Pizzeria D’Camilo, Tapería A Esfarrapada, Bar Caselas, Cafe Aragonta e Bodeguilla 29) e os sábados serán seis. (Panalia, Jazz & Blues, Cafetería Altamira, Bar Ozores, Xeadería Cream, O Recuncho do Lucho).
A ruta, como é habitual nestas iniciativas, conta cun prezo común para todos os participantes co pincho a 1,50€ e a opción de “bocatín e caña” por 2,50€.
O Bocaselas xurde tralo éxito que está a acadar cada ano o Pincho Folk e busca erixirse como outra “importante iniciativa para dinamizar o pobo e sobre todo os establecementos hostaleiros”, en palabras da concelleira de Comercio e Turismo, Loli Castiñeira. Concello e sector hostaleiro van da man convencidos de que o público de Salceda e arredores volverá dar unha resposta positiva, e tamén por iso se prevén premios para as persoas que degusten os bocatas en varios establecementos, e que entrarán no sorteo de vales de compra para consumir nos locais participantes.
Redondela ya tiene fecha y programa para el festival "Artistas na Rúa". Habrá marionetas, ilusionismo, teatro y acrobacias en una única jornada
¿Te gustaría descubrir más arte local? Descubre la popular iniciativa artística volverá a tomar un espacio de Vigo
Más de 2.500 raciones de churrasco para todos los asistentes. Descubre esta emblemática fiesta gastronómica del área de Vigo
Vialia Vigo volverá a convertirse en el epicentro de las "smash burgers". The Champions Burger llega con sus combinaciones más locas
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL