Música, actividades infantís e unha gran variedade de artesanía e produtos da terra. Unha primavera máis volve a Feira Ecoartesá de Moaña, que dúas veces atrae ao Paseo Marítimo a milleiros de persoas.
Esta oitava edición celebrarase o domingo 19 de maio, de 11:00 a 21:00 horas, e contará, como de costume, con máis dun centenar de postos chegados dende toda Galicia que ofrecerán produtos gastronómicos, ecolóxicos e artesáns. Convertida nunha das máis importantes da provincia, ofrece aos visitantes produtos difíciles de atopar como antigüidades ou manualidades. Haberá tamén un espazo central con artesáns en barro, pintura, vidro ou madeira, entre outros.
Xa no apartado gastronómico, os asistentes poderán desfrutar de polbo á feira ou porco celta, embutidos, queixo, mel, produtos doces, cervexas e produtos da horta. Segundo explicou a concelleira de Promoción Económica e Turismo, Coral Ríos, na presentación do evento, no obxectivo por facer da feira un evento inclusivo e solidario, instalaranse tres postos para protectoras de animais e outro de apoio as persoas con discapacidade da Asociación Juan XXIII. Como de costume tamén se repartirá roscón de balde na Praza de Abastos as ás 18:30 horas.
A gran aposta musical deste ano chegará da man do grupo Broken Peach. A formación, que puxo a música aos acendidos de Nadal de Vigo e a Torre Picasso de Madrid, e que xa actuou na Festa da Diversidade, está integrada por catro mulleres vocalistas e tres músicos á batería, baixo, guitarra e piano. Cunha posta en escena moi visual, acostuman interpretar versións dos anos 70, 80 e 90 até a actualidade. O recital arrancará ás 19:00 horas.
Durante a tarde, a rapazada poderá primeiro aprender do cultivo ecolóxico cun obradoiro infantil de Matrácala de 16:00 a 18:00 horas e desfrutar do “Circo Chosco” de Forzu2 dende ás 17:30 horas. A medio día, a musica correrá a cargo da banda de Gaiteiros de Moaña, que iniciará o seu pase ás 12:30 horas.
A Feira Ecorartesá de Moaña, arrancou a súa primeira edición en outubro de 2015 e, dende entón, asegura a concelleira de Promoción Económica, “foi mellorando en orzamento e organización, xa que fomos pulindo os erros das primeiras e agora atrae a milleiros de persoas”. O que si repite é o estilo do cartel, que lembra ao pasado de Moaña en ton sepia. Pertence á serie de fotos de 1960 de Amador Montenegro, cedida pola Agrupación Cultural NÓS. A cita está organizada polo Concello de Moaña e Ekohuerta.
Nigrán presenta un nuevo ciclo musical para todo el verano. Una nueva apuesta por la música en directo en el área de Vigo
Un pequeño concello a poco más de una hora de Vigo disfrutará de nuevo de una gran fiesta mexicana. Habrá comida tradicional y música en directo
Vuelve en Cerveira el Splash Family Festival. Durará dos días y tendrá hinchables para todas las edades, alguno de hasta 12 metros de altura
Nigrán ofrece la oportunidad de ver al aire libre y de noche una destacada película rodada en el área de Vigo. Este es el horario y el lugar
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL