• Entradas Abraham Mateo
  • Apertura en Vigo
  • Festival Nigrán
  • Chiringuitos Vigo
  • Nuevo puente internacional
  • Fiesta gastronómica
  • Fiesta mexicana Galicia
  • Festival Cerveira
  • Playas Baiona
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Qué hacer

Cans celebra as Letras Galegas cunha xornada especial de cine de balde e arquitectura

Cans celebra as Letras Galegas cunha xornada especial de cine de balde e arquitectura

Iolanda Muíños, gañadora do Mestre Mateo 2022 á mellor interpretación feminina de reparto polo seu papel de Isolina en Malencolía // MARIO LLORCA

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
16/05/2022

O Festival de Cans, que este ano suma unha xornada de programación coincidindo co Día das Letras, comeza este 17 de maio a súa semana grande. Tralo éxito da retrospectiva das tres longametraxes de João Nicolau na previa do certame, o Festival de Cans únese ás conmemoracións deste martes festivo na comunidade con cinema e arquitectura feitos en Galicia.

Malencolía é a nova longametraxe do director compostelán Alfonso Zarauza, un dos participantes máis fieis participantes deste festival. Na edición do 2021 presentaba este proxecto en Fillxs de Cans, e estará este martes 17 ás 17.30 h na proxección no Centro Cultural do Porriño. Nese mesmo espazo, ás 20 h, terá lugar a inauguración da exposición "Entre Cans e Venecia", dos arquitectos coruñeses Juan Creus e Covadonga Carrasco, que inauguran a montaxe exposta na famosa Bienal de Venecia.

Másnoticias

O Porriño toma medidas especiales por el "gran apagón" que afecta a toda España

"Hito histórico" para O Porriño, aprueban su escudo y su bandera con estos elementos

21/07/2026
La orquesta Panorama vuelve al área de Vigo, llega con su gran espectáculo a una fiesta de O Porriño

La orquesta Panorama vuelve al área de Vigo, llega con su gran espectáculo a una fiesta de O Porriño

20/07/2026

Con 11 nominacións aos Premios Mestre Mateo celebrados en marzo, Malencolía fíxose con dous galardóns, os de Diego Anido e Iolanda Muíños como mellores actor e actriz de reparto. Rodado no Carballiño, o filme, que mestura terror e comedia, narra a volta ao rural galego desde Berlín da parella protagonista, formada por Xulio Abonjo e Melania Cruz. Tras mercar unha casa por Internet, intentarán comezar unha nova vida nunha pequena aldea na que vive Isolina, a única veciña, unha personaxe moi peculiar. Á proxección, que será de entrada libre ata completar cabida, acudirán o director e guionista, Alfonso Zarauza, xunto a Melania Cruz e Ledicia Sola, outra das integrantes do elenco.

Ao remate deste pase, tamén no Centro Cultural do Porriño, ás oito da tarde, está prevista a inauguración da mostra de arquitectura que os coruñeses Juan Creus e Covadonga Carrasco levaron en 2020 á Exposición Internacional de Arte de Venecia, unha das citas máis relevantes do sector a nivel mundial. Titulada «De Cans a Venecia», a instalación exposta na cidade italiana reflexionaba acerca da relación do festival co territorio onde se celebra, afondando na reconversión dos espazos cotiáns e de uso privado, neste caso os "ghalpóns", en lugares de acción cultural públicos.

A instalación exhibida en Venecia e mais as maquetas sobre as que traballaron os arquitectos antes de lle dar a forma definitiva, viaxan agora por primeira vez ao lugar onde naceron e serán expostas ata finais de maio, como parte da programación do Festival de Cans.

Últimas entradas á venda

Quedan menos de 25 localidades dispoñibles para asistir aos pases matinais da sección oficial de ficción e animación, que xa colgaron o cartel de completo na sesión de tarde. Están tamén á venda as últimas entradas para visionar a selección a concurso de Furacáns, a categoría de curtas de non ficción. Poden adquirirse na tenda en liña do festival, que pecha a venda a través da Internet este martes 17 pola noite.

Para vivir a experiencia do Invernadoiro, e tras esgotarse as entradas da proxección do documental de Óscar Vilanova sobre Litus e a actuación deste con Pablo Novoa, quedan xa moi poucas dispoñibles para asistir á retrospectiva audiovisual e performance musical de Javi Álvarez, do dúo Fluzo, que actuará o día grande do festival de Cans nese espazo tan singular.

Temas: A LouriñaDía das Letras GalegasFestival de CansLetras GalegasO Porriño
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Nigrán celebrará su festival más especial junto al mar para encontrar una cura para Mauri
Música

Nace un nuevo festival en distintos escenarios de Nigrán con conciertos gratis durante el atardecer

Nigrán presenta un nuevo ciclo musical para todo el verano. Una nueva apuesta por la música en directo en el área de Vigo

PorSara Rodríguez
21/07/2026
La mayor fiesta mexicana de Galicia ya tiene fecha para su nueva edición, con mariachis y comida auténtica
Fiestas

La mayor fiesta mexicana de Galicia ya tiene fecha para su nueva edición, con mariachis y comida auténtica

Un pequeño concello a poco más de una hora de Vigo disfrutará de nuevo de una gran fiesta mexicana. Habrá comida tradicional y música en directo

PorIván Dacal
21/07/2026
Grandes hinchables, fiesta de la espuma y música en un festival junto al Miño en el norte de Portugal
Qué hacer

Grandes hinchables, fiesta de la espuma y música en un festival junto al Miño en el norte de Portugal

Vuelve en Cerveira el Splash Family Festival. Durará dos días y tendrá hinchables para todas las edades, alguno de hasta 12 metros de altura

PorIván Dacal
21/07/2026
Fiestas gastronómicas, mercadillos vintage y verbenas para despedir enero en Vigo y su área
Qué hacer

Un concello del área de Vigo propone una sesión de cine de verano bajo las estrellas

Nigrán ofrece la oportunidad de ver al aire libre y de noche una destacada película rodada en el área de Vigo. Este es el horario y el lugar

PorIván Dacal
21/07/2026
O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia
Enfoque

O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

PorUxía Pérez
16/07/2026

Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

24julTodo el día26Fiesta de Porrigalia 2026 en O PorriñoFIESTAS | O PORRIÑO

25julTodo el día26Festa da Sardiña en A Guía, TeisFIESTAS GASTRONÓMICAS | VIGO

25jul12:0023:59Bocados e Grolos en NigránCÓCTELES Y TAPAS | NIGRÁN

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X