A danza volve a ser protagonista das citas de outono no Teatro Municipal de Tui. Este próximo venres, ás 19:30 horas, chega ‘Natanam’, da compañía Da.Te Danza. Nel, o baile é o punto de partida dun espectáculo no que dous intérpretes, dous amigos, se atopan nunha sala de xogos. Alí descobren que hai auga, lume, vento e terra ordeados e á súa entera disposición.
A obra, dirixida por Omar Meza e interpretada por María José Casado e Raúl Durán, é unha representación de danza contemporánea de 50 minutos para cativos e cativas de idades entre os 0 e os 6 anos. As entradas xa están dispoñibles en tui.gal a 4 e 3 euros e poden ser adquiridas ate media hora antes do inicio da función.
Da. Te Danza é unha compañía andaluza con máis de 20 anos de experiencias nos escenarios, exhibindo espectáculos de danza contemporánea e danza-teatro con obxectos dirixido a público infantil e xuvenil dende a primeira infancia ata a adolescencia. Con máis de 2.500 funcións realizadas, agora chega a Tui para mostrar unha obra que foi galardoada o pasado ano co premio Fetén polo acercamento á danza para a primeira infancia.
Reputados científicos llegan al "cartel" de un potente festival de las Rías Baixas, así es el "Ondas e partículas" que estrena el Revenidas
Redondela ya tiene fecha y programa para el festival "Artistas na Rúa". Habrá marionetas, ilusionismo, teatro y acrobacias en una única jornada
¿Te gustaría descubrir más arte local? Descubre la popular iniciativa artística volverá a tomar un espacio de Vigo
Más de 2.500 raciones de churrasco para todos los asistentes. Descubre esta emblemática fiesta gastronómica del área de Vigo
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL