Este venres, 25 de marzo, chega ao Teatro Municipal de Tui o espectáculo “Rosalía” da man de Culturactiva. Este espectáculo pecha a programación dos meses de febreiro e marzo neste espazo.
A obra, que comezará ás 19:00 horas, achéganos á infancia de Rosalía de Castro, onde unha nena canta, xoga, le, come chocolate… Rosalía quere amosarlle aos nenos e nenas que a infancia é o lugar onde medran as poetas: entre a rebeldía, as lecturas, a curiosidade, o xogo e as cancións con rimas e sen autor. Está dirixida por Fina Calleja e sobre o escenario estarán Rocío González e Cristina Collazo.
Esta Rosalía está a piques de marchar a Santiago coa súa nai e deixar a aldea onde viviu baixo a tutela das súas tías paternas. María Rosalía Rita agóchase no faiado, pechando a porta tras ela, facéndose forte nese lugar máxico que ben coñece, que habitou en segredo e que está ateigado de tesouros.
"Rosalía" é unha obra de muller pensada para nenas e nenos de Primaria -e para as súas familias- por unha equipa de mulleres intensamente vencelladas ao teatro de palabras para espectadoras e espectadores que viven no país da infancia. As entradas están á venda en www.tui.gal aos prezos de 4€ e 3€.
Reputados científicos llegan al "cartel" de un potente festival de las Rías Baixas, así es el "Ondas e partículas" que estrena el Revenidas
Redondela ya tiene fecha y programa para el festival "Artistas na Rúa". Habrá marionetas, ilusionismo, teatro y acrobacias en una única jornada
¿Te gustaría descubrir más arte local? Descubre la popular iniciativa artística volverá a tomar un espacio de Vigo
Más de 2.500 raciones de churrasco para todos los asistentes. Descubre esta emblemática fiesta gastronómica del área de Vigo
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL