Sesión de cine de Nadal para esta fin de semana en Ponteareas ao abeiro do programa Cultura 24. O Concello organiza este sábado 11 de decembro, ás 18.30 horas, a proxección da película ‘Last Christmas’ na Casa Cultural Fontenla. A actividade, de balde con entrada libre ata completar aforo, está recomendada para maiores de 7 anos.
Con esta proxección continúa a achegarse a actividade cultural e de lecer ás 24 parroquias do municipio, “dinamizando os centros culturais e o propio tecido creativo da vila”, como sinala o concelleiro de Cultura, Fernando Groba. O edil convida a todos os veciños e veciñas a que gocen dunha tarde de cine e de cultura segura.
‘Last Christmas’, baseada na canción do mesmo nome e inspirada na música de George Michael, conta a historia de Kate, que deambula amargada polas rúas de Londres acompañada polo continuo ruído dos cascabeis dos seus zapatos, xa que traballa como elfo nunha tenda de Nadal que abre todo o ano. Cando Tom aparece na súa vida, Kate comeza a ver as cousas de forma máis optimista, aínda que ao chegar o Nadal todo parece poñerse en contra da parella. É unha comedia romántica dirixida por Paul Feig con guión da actriz Emma Thompson e da dramaturga Bryony Kimmings e protagonizada por Emilia Clarke e Henry Golding.
Nigrán presenta un nuevo ciclo musical para todo el verano. Una nueva apuesta por la música en directo en el área de Vigo
Un pequeño concello a poco más de una hora de Vigo disfrutará de nuevo de una gran fiesta mexicana. Habrá comida tradicional y música en directo
Vuelve en Cerveira el Splash Family Festival. Durará dos días y tendrá hinchables para todas las edades, alguno de hasta 12 metros de altura
Nigrán ofrece la oportunidad de ver al aire libre y de noche una destacada película rodada en el área de Vigo. Este es el horario y el lugar
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL