Salceda volverá contar cunha programación de verán adaptada aos condicionantes da Covid-19, pero tamén pensada para que a rapazada e o público familiar poida desfrutar duns días de ocio nun dos concellos con maior poboación moza de Galicia.
“Seguimos no medio da pandemia e cremos que é preciso manter a programación adaptada a esta situación”, salientou este martes o concelleiro de Cultura, Álex Rodríguez, na presentación dos eventos, para avanzar que nas festas grandes do Cristo non haberá verbena de orquestras ante un protocolo “moi complexo”. Rodríguez mostrou o seu optimismo en que “estas serán as derradeiras festas con pandemia en esta situación e no vindeiro verán poderemos celebrar as festas como de costume coa praza ateigada de xente”.
A programación do verán cultural dividirase en dúas fases, unha primeira para o público familiar e outra cun programa máis adulto. A primeira cita comezará co cinema ao aire libre da man de “Cuñados”, o filme de Xosé A. Touriñán, Miguel de Lira e Federico Pérez Rey. A proxección comezará ñas 22:30 horas na Praza do Concello e será preciso recoller invitación gratuita previa na Casa da Cultura.
As seguintes catro xornadas, 13, 14, 15 e 16 de xullo, estarán pensadas para os mais pequenos, quen, nas verbas da rexedora local, Verónica Tourón, “tamén merecen ese pequeno respiro e actividades destinadas a eles”. Nestas xornadas haberá teatro infantil e circo na Praza do Concello e o habitual día da infancia con inchables de auga e xogos no Parque da Gándara.
O sábado 17 de xullo daráse inicio as Festas do Cristo co xa histórico Estourazo, que este ano estará protagonizado pola Agrupación Gaiteira de Salceda, que suman 10 anos acompañando este acto e que, desta vez, serán os responsables de prender o Estourazo. Unha vez iniciada a festa, esse mesmo sábado a Praza do Concello acollerá o concerto de Guadi Galego a partir das 22:30 horas, namentres que Broken Peach citaranse cos salcendeses ás 22:30 horas. A programación finalizará o luns 19 da man da Banda Cultural e Antonio Barros, que preparan um repertorio específico para este concerto cos mellores temas pop dos anos 80.
Amais do cinema na rúa, tamén contarán coa reserva previa obligatoria o día da infância e os concertos de Guadi Galego e Broken Peach. As entradas poderanse obter na Casa da Cultura.
Na presentación desta programación, a alcaldesa Verónica Tourón aproveitou para salientar que o Concello busca axudar na reactivación do sector cultural, amais de buscar que “comercio e hostelería tamén se vexan beneficiados das atividades na rúa”.
Vuelve una de las fiestas gastronómicas más especiales y todavía menos conocidas de Vigo. Un protagonista otoñal y muchas recetas diferentes
Vigo ya puede visitar uno de los barcos más importantes de la humanidad. La asombrosa Nao Santa María ya está en la ciudad
Los estudiantes de cocina en Vigo elaborarán un menú con los sabores del otoño. Así serán estas Xornadas Gastronómicas de Caza
Vuelve el tradicional Rastrillo Solidario contra el cáncer en Vigo. Con precios desde 1 euro, es la opción ideal para encontrar tesoros y colaborar
Prevén que la descentralización empezaría a implantarse de forma progresiva el curso que viene, durante un plazo de tres años
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL