Por segundo ano consecutivo, diferentes protectoras de animais da provincia cítanse en Moaña polo Nadal no seu mercado solidario. Co gallo de ofrecer unha alternativa de compra para os agasallos típicos destas datas e á vez lograr a colaboración para sustentar aos animais sen fogar, o andar superior da praza de abastos acollerá este sábado 8 e domingo 9 de decembro diferentes postos.
Artesanía, libros, decoración, xoguetes ou roupa serán algúns dos produtos que se poderán atopar neste segundo mercado solidario que permita apoiar a actividade destas organización s sen ánimo de lucro que ven como no inverno os seus gastos increméntanse. Segundo sinalan, “co frío, a saúde dos animais empeora e os gastos veterinarios dispáranse, polo que as organizacións que se encargan do seu coidado precisamos máis axuda”. Soamente no Morrazo, estas organizacións manteñen en condicións dignas a máis dun centenar de animais cun gasto mensual de 1.000€ soamente en produtos veterinarios.
Este ano, a cita de copras e solidariedade contará cunha barra na que poder degustar doces caseiros e bebidas quentes, coma o ponche de Nadal, moi popular cando chega o frío, a prezos populares. Ademais, durante toda a fin de semana recollerase comida tanto de can, coma de gato.
O sábado 8, ás 17:30 horas, haberá un obradoiro infantil no que os pequenos poderán facer as súas propias artesanías de Nadal e o Domingo 9, ás 17:00 horas o mago Roberto Lolo porá o fin de festa co seu espectáculo de maxia e humor.
Nigrán presenta un nuevo ciclo musical para todo el verano. Una nueva apuesta por la música en directo en el área de Vigo
Un pequeño concello a poco más de una hora de Vigo disfrutará de nuevo de una gran fiesta mexicana. Habrá comida tradicional y música en directo
Vuelve en Cerveira el Splash Family Festival. Durará dos días y tendrá hinchables para todas las edades, alguno de hasta 12 metros de altura
Nigrán ofrece la oportunidad de ver al aire libre y de noche una destacada película rodada en el área de Vigo. Este es el horario y el lugar
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL