O Concello de Nigrán asume a organización este ano das festas do Carme de Lourido (sábado 14) e das Angustias (domingo 15) a través do seu programa municipal #MúsicaNasParroquias financiado con fondos propios e un 20% a cargo da liña 2 do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra. O Grupo América e A Banda da Loba serán os platos fortes de cada unha das celebracións.
Así, a tradicional festa do Carme de Lourido (que xa tivo o concerto de Proxy e dunha banda de música o 31 de xullo e 1 de agosto) contará este sábado ás 22:00 horas no campo de fútbol coa gran actuación do Grupo América, considerado como unha das mellores orquestras galegas por público e crítica e con 45 anos de traxectoria ás súas costas. Cunha montaxe, luz e son espectaculares e máis de 5.000 concertos, os seis músicos de América volverán a dar vida en rigoroso directo aos grandes clásicos do pop e rock de todos os tempos. Esta formación emblemática da nosa comunidade obtivo no 2020 o primeiro premio nos Premios Martín Códax da Música na súa categoría e tamén gañou o Premio das Orquestas de Galicia.
Ao día seguinte, domingo 15, Nigrán acolle as Festas das Angustias no seu torreiro co concerto ás 13:00 horas da Agrupación Musical Lira de San Miguel de Oia , ás 19:00 horas a actuación infantil ‘Carusso-Carulo. El chef mágico’ a cargo do Rey Midas e, finalmente, ás 22:00 horas o gran concerto de A Banda da Loba. Este grupo revolucionou o panorama musical galego co seu primeiro disco "Bailando as rúas". Integrada por cinco mulleres que decidiron unir as súas traxectorias individuais para dar voz a este novo proxecto, destacan polo seu repertorio propio e por musicalizacións de poetas célebres como Rosalía Fernández Rial ou Celia Parra ou escritoras do momento. Todo isto baixo un estilo ecléctico e heteroxéneo que bebe do rock, do pop, do folk... A banda de Xiana Lastra (voz), Estela Rodríguez (violín), Andrea Porto (guitarra e baixo), Inés Mirás (guitarra e teclado) e Marcela Porto (percusión) resultou gañadora de diferentes certames e é unha habitual na programación cultural do Concello de Nigrán.
En todas as actuacións o Concello de Nigrán aplicará o protocolo Covid-19 establecido, polo que aínda que a entrada é libre, ten un aforo limitado.
Nigrán presenta un nuevo ciclo musical para todo el verano. Una nueva apuesta por la música en directo en el área de Vigo
Un pequeño concello a poco más de una hora de Vigo disfrutará de nuevo de una gran fiesta mexicana. Habrá comida tradicional y música en directo
Vuelve en Cerveira el Splash Family Festival. Durará dos días y tendrá hinchables para todas las edades, alguno de hasta 12 metros de altura
Nigrán ofrece la oportunidad de ver al aire libre y de noche una destacada película rodada en el área de Vigo. Este es el horario y el lugar
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL