O Concello de Ponteareas, a través da concellería de Cultura, e no seu afán por fomentar e preservar os nosos sinais de identidade, convoca a participación no entroido 2018 no que poderán participar todas as asociacións culturais e deportivas así como todos os grupos ou colectivos interesados en divertirse nas festas do Entroido.
As asociacións e colectivos interesados en participar terán que presentar por Rexistro de entrada e no modelo dispoñible no departamento de Cultura ou na páxina web do Concello de Ponteareas a súa solicitude, exenta de taxas.
A solicitude irá acompañada das fotocopias do CIF e do DNI do representante, o listado de participantes na comparsa e as autorizacións asinadas polos pais ou titores legais dos participantes menores de idade. A inscrición realizarase segundo o modelo que se lle facilitará no departamento de cultura.
Establécese un límite máximo de 15 comparsas participantes. Os premios e axudas recollidas nestas bases, serán por un importe máximo de 9.000 euros. O prazo de inscrición rematará o 25 de xaneiro ás 13:00 horas.
Cada comparsa deberá contar cun mínimo de 20 membros para poder optar ás mencións e gratificacións en concepto de participación. O Concello establece unha axuda por participación para cada comparsa, sempre que participe os dous días sinalados, por importe en función do número de participantes que pode ser consultada nas bases colgadas na web do Concello.
Os días de desfile serán o domingo e o martes de Entroido e o mércores do Enterro da Sardiña.
Haberá un premio especial de 400, 200 e 100 euros para as tres carrozas mellor elaboradas. O xurado estará integrado por un representante de cada unha das comparsas inscritas, tres persoas de diferentes ámbitos e un traballador do Departamento de Cultura sen voz nin voto quen levantará acta da decisión do xurado.
O xurado valorará a orixinalidade, o vestiario, a animación, a coreografía, as coplas e a carroza.
Redondela ya tiene fecha y programa para el festival "Artistas na Rúa". Habrá marionetas, ilusionismo, teatro y acrobacias en una única jornada
¿Te gustaría descubrir más arte local? Descubre la popular iniciativa artística volverá a tomar un espacio de Vigo
Más de 2.500 raciones de churrasco para todos los asistentes. Descubre esta emblemática fiesta gastronómica del área de Vigo
Vialia Vigo volverá a convertirse en el epicentro de las "smash burgers". The Champions Burger llega con sus combinaciones más locas
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL