Dende 1990, a cidade de Tui acolle cada verán o curso de dirección, canto e técnica vogal en coro e orquestra. Tratase dun evento masivo, non só para os alumnos e alumnas interesados neste tipo de música, senón para o público en xeral, xa que as prazas do conxunto histórico acolleran case un concerto diario dende hoxe e até o luns, 14 de agosto.
O curso “Tamara Brooks”, que leva o nome da que fora a súa directora até o seu pasamento en 2012, está estruturado en diferentes bloques e niveis de formación, adaptados ás necesidades do alumnado. Dez dos mellores profesores de Galicia especializados en cadansúa disciplina académica serán os encargados de dirixir e divulgar os seus coñecementos nas diferentes masterclasses.
Co obxectivo de atraer aos visitantes e veciños á escoitar música clásica, que non deixa de aumentar en asistentes aos recitais, dende a organización preparan unha intensa programación de concertos que terán lugar nas prazas e edificios máis emblemáticos do conxunto histórico tudense.
A inauguración terá lugar na tarde de hoxe, ás 20:30 horas, cun recital lírico a cargo da soprano Gloria Novoa, da alto Sonia Bouzada, do tenor Juan Abalde e do barítono Borja Quizá. Estarán acompañados polo piano de Rasa Jakutyte-Biveiniene. O concerto celebrarase na Igrexa de San Domingo.
O resto de concertos serán pop a capella (xoves, 3), recital de canto (venres, 4), cántico doméstico (sábado, 5), Noite Meiga (domingo, 6), coro piloto (Luns, 7), concerto dos alumnos de canto (martes, 8), MiniGaos (mércores, 9), tetramorph (xoves, 10), Dextrum Ensemble (venres, 11) e o concerto de clausura na Catedral de Tui o luns, 14 de agosto.
Ademais, Silleda e Ponteareas acollerán dous concertos o sábado, 12 de agosto, e domingo, 13 de agosto, respectivamente.
Os cursos de verán ofrecen tanto actividades de balde como de pagamento. Por unha parte, e de xeito totalmente gratuíto, haberá ensaios de coro para directores, estudantes de canto ou instrumentistas de corda. Outra das actividades de balde será o seminario de Fernando Malvar-Ruiz centrado na preparación e dirección de coros infantís e xuvenís.
Por último, os alumnos e alumnas poderán anotarse en cursos de canto e de dirección con prezos que comezan nos 55€.
¿Pensando en ir al concierto de Abraham Mateo en Castrelos? Esto es todo lo que debes de saber para conseguir sus entradas en Vigo
Reputados científicos llegan al "cartel" de un potente festival de las Rías Baixas, así es el "Ondas e partículas" que estrena el Revenidas
Redondela ya tiene fecha y programa para el festival "Artistas na Rúa". Habrá marionetas, ilusionismo, teatro y acrobacias en una única jornada
¿Te gustaría descubrir más arte local? Descubre la popular iniciativa artística volverá a tomar un espacio de Vigo
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL