• Entradas Abraham Mateo
  • Apertura en Vigo
  • Festival Nigrán
  • Chiringuitos Vigo
  • Nuevo puente internacional
  • Fiesta gastronómica
  • Fiesta mexicana Galicia
  • Festival Cerveira
  • Playas Baiona
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Qué hacer Música

Daniela Di Costas, The Hendersons y Phantom Club pechan hoxe o Festival Solpor

Daniela Di Costas, The Hendersons y Phantom Club pechan hoxe o Festival Solpor
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
07/07/2018





O Concello de Nigrán pon fin esta tardiña á segunda edición do seu Festival Solpor co concerto de Daniela Di Costas, The Hendersons e Phantom Club. O evento musical, que une á sublime localización e vistas do miradoiro de Monteferro coa música en directo dos mellores grupos locais, reuniu onte a máis de mil persoas que se achegaron a gozar de Nadie es Perfecto e Blackstereo. Neste enclave único, volverá a ter lugar hoxe dende ás 20.00 horas e de xeito gratuíto os concertos de Daniela Di Costas, The Hendersons e Phantom Club, todos eles grupos con fondas raíces na comarca.


É do teu interese: Así é o Season Fest, o festival que trae a Nigrán a Loquillo, Dyango e Café Quijano

Másnoticias

Nigrán celebrará su festival más especial junto al mar para encontrar una cura para Mauri

Nace un nuevo festival en distintos escenarios de Nigrán con conciertos gratis durante el atardecer

21/07/2026
Fiestas gastronómicas, mercadillos vintage y verbenas para despedir enero en Vigo y su área

Un concello del área de Vigo propone una sesión de cine de verano bajo las estrellas

21/07/2026


O obxectivo deste festival creado o ano pasado polo Concello de Nigrán é gozar da música ao aire libre e nunha contorna privilexiada, no cumio de Monteferro, un palco proxectado cara ao Atlántico sobre o máis grandioso dos escenarios. Neste enclave único, fronte ás Illas Estelas, entre as caricias da brisa mariña e os aromas de sal e monte, os “solpores” permiten vivir experiencias musicais aumentadas: un xeito distinto de desfrutar dun concerto, cos cinco sentidos postos na contorna e sumando ao ritmo das ondas o das mellores actuacións en vivo. Ademais, o evento nesta edición conta con postos de Chac-Mool (comida mexicana), Creps Roll (crepería), Fresh Pizza e Bocatería Lalo´s.

O Concello de Nigrán quere co Festival Solpor por en valor un espazo tan espectacular como Monteferro ao tempo que ofrece aos grupos locais unha oportunidade de promocionar o seu traballo no mellor dos escenarios posibles. "Dende o goberno apostamos por concertos ao aire libre en lugares de indubidable encanto, como xa é o Nigranjazz na Foz ou o Vive Nigrán en Praia América. Os 'Solpores' son parte esencial do noso calendario estival porque tiveron unha marabillosa acollida, con máis de 2.000 persoas na súa primeira edición o ano pasado", afirma Juan González, alcalde de Nigrán

Esta sublime localización e a indubidable calidade artística dos grupos participantes - todos eles con raigame na comarca- farán, sen dúbida, que a maxia do solpor tome unha nova dimensión en Monteferro.

Así soa a última xornada do Festival Solpor

Daniela Di Costas é unha compositora e intérprete que acaba de darse a coñecer a través do programa Factor X. Filla de Rosa e Silvino de Aerolíneas Federais e sobriña de Miguel Costas E Peón Kurtz, Daniela creceu nun ambiente musical. Ademais das influencias familiares, os seus 10 anos no Conservatorio Profesional de música no que comezou os seus estudos de guitarra con tan só 8 anos, permitíronlle adquirir unha cultura musical repleta de diferentes estilos. Daniela elixiu para darse a coñecer unhas interpretacións moi persoais de Bizarre love Triangle e Moonriver, nas que demostrou que leva a música no sangue cun estilo moi íntimo e sensual. Na súa canle de Youtube podemos atopar temas propios como Inverno frío e Staring at you, este último coa colaboración nos arranxos de Fachendoso. En sálgaa Libertad, Daniela ofreceranos un concerto acústico para presentarnos os seus temas propios acompañados dos seus covers favoritos.

The Hendersons dedícanse á captura en grao sumo exquisito do repertorio de THE BEATLES, especialmente de cando aínda non levaban bigote. A expedición está formada por Iñaki Santamaría (guitarra e voz), Alberto Lopo (guitarra e voz), Jacobo Jiménez (baixo e voz) e Paco Araujo (batería e voz). A gran admiración dos vigueses pola banda de Liverpool levoulles a explorar entre a bruma dunha cidade mariñeira e mergullarse ata o máis profundo do seu repertorio, buscando eses tesouros máis escondidos para desvelar os segredos mellor gardados dun son único. Reto sempre difícil, especialmente polas harmonías vocais e a súa particular rítmica. O resultado está avalado pola traxectoria de cada un dos seus membros.

Phantom Club volve aos escenarios festivaleros este 2018 tras 5 anos de reunións anuais en salas de concertos unicamente. Desde o regreso a Buenos Aires do seu cantante, Frans Banfield, o grupo de Funk non deixou de reunirse co seu público unha vez ao ano para manter a chama viva tras 10 anos de carreira, deixando o selo de ser un dos grupos máis recoñecidos de Galicia pola súa elaborada fusion de Rock- Funk-Rap e a posta en escena. Percorreron todo o territorio nacional e editaron dous discos, un deles gravado en vivo, "Moitas Noites , Boas Grazas!" (2011), que contou coas colaboracións de Ariel Rot e Pablo Novoa entre outros. Este ano preséntanse unicamente en Festivais de Galicia e Portugal, xa sen Seilaesencia, pero coa mesma formación habitual. Moita enerxía en vivo, unha banda que non deixa manter os pés quietos nin un segundo.

Temas: Festival SolporNigránO Val Miñor
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Nigrán celebrará su festival más especial junto al mar para encontrar una cura para Mauri
Música

Nace un nuevo festival en distintos escenarios de Nigrán con conciertos gratis durante el atardecer

Nigrán presenta un nuevo ciclo musical para todo el verano. Una nueva apuesta por la música en directo en el área de Vigo

PorSara Rodríguez
21/07/2026
La mayor fiesta mexicana de Galicia ya tiene fecha para su nueva edición, con mariachis y comida auténtica
Fiestas

La mayor fiesta mexicana de Galicia ya tiene fecha para su nueva edición, con mariachis y comida auténtica

Un pequeño concello a poco más de una hora de Vigo disfrutará de nuevo de una gran fiesta mexicana. Habrá comida tradicional y música en directo

PorIván Dacal
21/07/2026
Grandes hinchables, fiesta de la espuma y música en un festival junto al Miño en el norte de Portugal
Qué hacer

Grandes hinchables, fiesta de la espuma y música en un festival junto al Miño en el norte de Portugal

Vuelve en Cerveira el Splash Family Festival. Durará dos días y tendrá hinchables para todas las edades, alguno de hasta 12 metros de altura

PorIván Dacal
21/07/2026
Fiestas gastronómicas, mercadillos vintage y verbenas para despedir enero en Vigo y su área
Qué hacer

Un concello del área de Vigo propone una sesión de cine de verano bajo las estrellas

Nigrán ofrece la oportunidad de ver al aire libre y de noche una destacada película rodada en el área de Vigo. Este es el horario y el lugar

PorIván Dacal
21/07/2026
O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia
Enfoque

O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

PorUxía Pérez
16/07/2026

Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

24julTodo el día26Fiesta de Porrigalia 2026 en O PorriñoFIESTAS | O PORRIÑO

25julTodo el día26Festa da Sardiña en A Guía, TeisFIESTAS GASTRONÓMICAS | VIGO

25jul12:0023:59Bocados e Grolos en NigránCÓCTELES Y TAPAS | NIGRÁN

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X