• Entradas Abraham Mateo
  • Apertura en Vigo
  • Festival Nigrán
  • Chiringuitos Vigo
  • Nuevo puente internacional
  • Fiesta gastronómica
  • Fiesta mexicana Galicia
  • Festival Cerveira
  • Playas Baiona
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Igualdad

"Descúbreas" arranca cunha vibrante gala para reivindicar a voz das "aloitadoras" que comezan na industria musical

"Descúbreas" arranca cunha vibrante gala para reivindicar a voz das "aloitadoras" que comezan na industria musical
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
17/04/2021

Música feita por mulleres, reivindicación feminista e visibilidade ás artistas da provincia. A explanada de Montero Ríos de Pontevedra, ao pé da escalinata exterior do Pazo Provincial, foron onte o escenario perfecto para o “programón”, en palabras da presidenta da Deputación, Carmela Silva, do evento de “Descúbre-as” co que a institución devolveu a música en vivo á cidade de Pontevedra da man “das nosas aloitadoras e conquistadoras, as nosas brillantes activistas da vida cotiá na música”. A gala, celebrada co estrito protocolo Covid co que a Deputación desenvolve os seus actos culturais, conxugou diferentes accións protagonizadas por mulleres, con actuacións en directo, proxección de audiovisuais e a presentación da iniciativa de mentorización deste programa, que busca “visibilizar e apoiar” ás mozas da provincia que queren comezar a súa carreira na industria musical.

Conducido pola compositora viguesa Natalia Rial, Natary Feel, a gala reuniu sobre o escenario a tres das músicas con maior proxección na provincia. Dunha banda, Mariña Paz e Irene Teijeira, vocalista e guitarrista respectivamente do grupo Furious Monkey House, e alumnas do Estudo Bonobo de Pontevedra, que interpretaron os temas “Empire of ants” e “Pink+White”. E doutra, a da violonchelista Margarida Mariño, que tocou as pezas “Alcume” e “Enxame”.

Másnoticias

Xunta y Diputación "blindan" el nuevo festival de Vigo, Xornada Cultural de Galicia: habrá nueva fecha

Xunta y Diputación "blindan" el nuevo festival de Vigo, Xornada Cultural de Galicia: habrá nueva fecha

21/07/2026
Unha ponte colgante sobre o Miño en As Neves e Monçao para unir fronteiras

Impulsan crear un nuevo puente internacional en el área de Vigo para conectar Galicia y Portugal

21/07/2026

A presidenta provincial Carmela Silva enxalzou o papel que están a acadar as mulleres na música e na cultura en Galicia, “unha auténtica revolución”, e detallou o programa de mentorización de “Descubre-as”, a “potente plataforma” promovida pola institución para “favorecer que as rapazas da provincia con inquietudes musicais adquiran coñecementos con titorías para axudarllas na proxección das súas carreiras”. Beneficiaranse nesta primeira edición oito mozas de entre 16 e 26 anos, que recibirán un programa de titoría e asesoramento personalizado co obxectivo de lanzar a súa carreira musical. O programa, para o que seguen abertas as solicitudes, terá unha duración de dous meses con acceso a bolsas dun valor cada unha de 1.000 euros.

Audiovisuais

O evento da tarde de onte tivo tamén un marcado carácter revindicativo da axenda feminista “para seguir loitando pola igualdade e acabar coas discriminacións que tamén sofren as mulleres no mundo da música”. De feito, proxectáronse diferentes audiovisuais, entre eles o vídeo colaborativo creado no marco de “Descúbre-as”, no que vinte rapazas de diferentes escolas de música da provincia uniron as súas voces xunto a 15 instrumentos (un total de 35 participantes) para interpretar a canción “Matriarcas”, de Guadi Galego.

Os outros dous audiovisuais que se exhibiron deixaron patente a relación da música co feminismo a través de reportaxes de artistas e cancións icónicas. No primeiro deles con mulleres que marcaron a historia da música coma Nina Simone, Aretha Franklin, The Runaways, Madonna ou Gloria Gaynor e, no segundo, con temas en defensa da igualdade e artistas máis actuais coma Zahara, Ana Tixous, Kesha, Cristina Aguilera, Demi Lovato, Rozalén, Mala Rodríguez, Gatta Catana, Guadi Galego, Sés ou Pauliña.

Temas: Deputación de Pontevedrafeminismoigualdad
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Nigrán celebrará su festival más especial junto al mar para encontrar una cura para Mauri
Música

Nace un nuevo festival en distintos escenarios de Nigrán con conciertos gratis durante el atardecer

Nigrán presenta un nuevo ciclo musical para todo el verano. Una nueva apuesta por la música en directo en el área de Vigo

PorSara Rodríguez
21/07/2026
La mayor fiesta mexicana de Galicia ya tiene fecha para su nueva edición, con mariachis y comida auténtica
Fiestas

La mayor fiesta mexicana de Galicia ya tiene fecha para su nueva edición, con mariachis y comida auténtica

Un pequeño concello a poco más de una hora de Vigo disfrutará de nuevo de una gran fiesta mexicana. Habrá comida tradicional y música en directo

PorIván Dacal
21/07/2026
Grandes hinchables, fiesta de la espuma y música en un festival junto al Miño en el norte de Portugal
Qué hacer

Grandes hinchables, fiesta de la espuma y música en un festival junto al Miño en el norte de Portugal

Vuelve en Cerveira el Splash Family Festival. Durará dos días y tendrá hinchables para todas las edades, alguno de hasta 12 metros de altura

PorIván Dacal
21/07/2026
Fiestas gastronómicas, mercadillos vintage y verbenas para despedir enero en Vigo y su área
Qué hacer

Un concello del área de Vigo propone una sesión de cine de verano bajo las estrellas

Nigrán ofrece la oportunidad de ver al aire libre y de noche una destacada película rodada en el área de Vigo. Este es el horario y el lugar

PorIván Dacal
21/07/2026
O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia
Enfoque

O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

PorUxía Pérez
16/07/2026

Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

24julTodo el día26Fiesta de Porrigalia 2026 en O PorriñoFIESTAS | O PORRIÑO

25julTodo el día26Festa da Sardiña en A Guía, TeisFIESTAS GASTRONÓMICAS | VIGO

25jul12:0023:59Bocados e Grolos en NigránCÓCTELES Y TAPAS | NIGRÁN

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X