Máis de 1.100 persoas pertencentes a 15 comparsas participarán o próximo luns, 12 de febreiro, no desfile concurso de Entroido en Tui, nunha data na que é festivo local na cidade. Das quince comparsas inscritas 3 son de fantasía, 8 participan sen acompañamento musical, e 4 teñen música en directo. Catro das agrupación participantes son de Tui, outras catro de Salceda, unha da Cañiza, unha do Porriño, unha de Mos, unha de Arcade, unha de Tomiño, unha de Nigrán e unha de Gondomar.
Na temática que presentarán o próximo luns está dende a parodia de temas locais, a películas, alta costura, caníbales, a Polinesia, o mundo da arte, a bruxería ou o pavo real.
O desfile comezará ás 17.30h no circuíto establecido polas rúas Casal Aboy Compostela, Betanzos, Irmáns Maristas, Ourense e A Guarda. As comparsas deberán realizar as súas representacións ao longo de todo o percorrido non permitíndose as paradas en ningún punto. O xurado, formado por seis membros de asociacións tudenses, catro cidadáns tudenses, e dous traballadores do concello e presidido polo concelleiro de Cultura, terá en conta na súa valoración a actualidade, vestiario, parodia, acompañamento musical e carroza para outorgar a puntuación.
Repartiranse sete premios da categoría Xeral que oscilarán entre os 700€ e os 100€. As carrozas optarán a seis premios valorados entre 400€ e 150€ e o acompañamento musical terá catro premios dotados con entre 300€ e 150€. Establécese amais un único premio para as comparsas de fantasía de 250€. En total serán 6.000 mil euros en premios, máis 4.750 na compensación económica por participar que recibirán as comparsas.
O desfile contará coa actuación da orquestra Saúdade que amenizará a espera mentres delibera o xurado, e ao remate da entrega dos premios.
O Entroido despedirase en Tui o domingo 18 de febreiro coa Enterro do Bacallau que sairá ás 19.30h dende a praza de San Fernando.
La isla de Ons acogerá una cita gastronómica para poner en valor un producto poco utilizada. También habrá música y visitas guiadas
Los vecinos y vecinas de Mos ya pueden disfrutar de un refrescante baño en su piscina al aire libre situada en San Eleuterio, en Tameiga
El espacio ShowRocking acogerá más de 30 chefs, con 18 Estrellas Michelin, 2 Estrellas Verdes y 2 Bib Gourmand
Baiona se prepara para una de las fiestas más esperadas del año. Sus Gigantes y Cabezudos volverán a recorrer el Casco Vello
Pontevedra acolle unha xuntanza do proxecto Edu-Ina, que reúne profesorado de seis universidades
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL