O museo vigués inaugurou este venres 27 de setembro dúas mostras individuais "Sombras e paradoxos" de Jorge Martins e "O salón dos espellos" de Eduardo Gruber coas que retoma o seu programa expositivo despois de finalizar a exposición de "Destacados".
"O salón dos espellos" de Eduardo Gruber, situada na Galería 1 e na sala perimetral da primeira planta, reúne obras recentes, debuxos e obra sobre papel, nas que resulta central a presenza da palabra, do relato, da literatura. Eduardo Gruber (Santander, 1949), artista polifacético, ten realizado esculturas, intervencións no espazo, instalacións, escenografía e publicou varias novelas.
Pola súa parte, "Sombras e paradoxos" de Jorge Martins ocupa as salas frontais da primeira planta do MARCO e amosa, xunto a unha coidada selección dos seus debuxos, os seus cadernos de apuntes en primicia. A obra de Jorge Martins (Lisboa, 1940), poética e esencialmente abstracta, está en diálogo co mellor do debuxo europeo e americano do século XX. No MARCO vaise presentar un libro de artista que recolle, por primeira vez, a súa obra literaria.
Durante o acto, Abel Caballero celebrou a "nova etapa, con novo director" do MARCO que se abre coa mostra de "dous artistas xeniais, Gruber e Martins, que se converteron en parella de feito pola vía da realidade que os xuntou nun Museo que ve como conviven as obras", e destacou o "extraordinario" desta convivencia como "unha mostra da xenerosidade da arte e dos artistas".
O rexedor felicitou aos dous comisarios polo labor desenvolvido para concibir a exposición e agradeceulle a Jorge Martins e a Eduardo Gruber que compartan "a súa esencia en Vigo, xa que o debuxo, a pintura ou a obra, é o corazón, a esencia dos artistas".
Caballero apuntou que "a historia da humanidade é a do desenvolvemento da cultura, que traza o seu propio camiño e este é o obxectivo que queremos que o MARCO siga cumprindo" como "marabilloso contedor", poñendo en valor o éxito da exposición "Destacadas" que vén de pecharse no museo.
Samir, dueño del Mimassa, convoca a una "gran fiesta" este domingo en la terraza de Areal para "brindar y levantar las banderas palestinas"
Este parque hinchable desembarca este fin de semana en Marín donde abrirá con estos horarios tanto el sábado como el domingo
La plaza Vialia Vigo acoge una fiesta del running con Érguete e Corre, la prueba solidaria que rendirá tributo a "las madres contra la droga"
Continúa el ciclo de cine "Activistas: cinema por mulleres" en Vigo. La próxima sesión abordará la realidad de Portugal
A Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo acolle esta semana o seu lanzamento - En TourisFarm participan socios de cinco países
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL