Drácula visita Vigo esta fin de semana con este musical de Ártika

Ollo coa ristra de allos porque Drácula está de volta. O mítico conde Drácula reaparecerase esta fin de semana na sala Ártika da man dos alumnos e alumnas da súa escola de teatro.

A modo de musical fonomímico, a sala viguesa será o escenario da historia coa que Bram Stoker nos fixo a todos tremer narrándonos os perigos de Transilvania. O musical recupera esa viaxe de Jonathan Harker aos Montes Cárpatos nos que se encontra co Conde Drácula. Alí, Mina, a prometida de Harker, resulta ser a reencarnación do antigo amor do conde catro séculos antes. Este trazará un ambicioso plan para ir na súa procura e recuperala.

A obra contará co innovador sistema de taquilla inversa, é dicir, un modelo que mantén a entrada de balde pero que ofrece a oportunidade de pagar unha entrada ao saír. Os interesados pode reservar butaca telefonicamente ou no propio despacho de billetes da sala.

A duración da obra é de 90 minutos e está recomendada para maiores de 12 anos. As representacións terán lugar o venres 14 e sábado 15 ás 21:00 horas e o domingo 16 ás 20:00 horas.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*