Vigo e a súa área continúan coa programación de actividades especiais dende a chegada do Pergamino Vindel ao Museo do Mar. O vindeiro 11 de novembro celebrarase na Illa de San Simón un concerto didáctico sobre as cantigas de amigo de Martín Códax.
O grupo de música medieval, Pres de Cambrai, levaranos de viaxe pola Galicia do século XII e XIII, collidos da man da música dos trobadores e coa melodía do idioma de Galicia.
O concerto será unha ocasión excepcional para coñecer a estética medieval, a música e o esplendor da lingua galega. Desta maneira o público escoitará as cantigas de Martín Códax tal e como soaban na ría de Vigo hai case un milenio.
O recital na Illa de San Simón é gratuito. Os interesados en inscribirse deben enviar un correo electrónico co nome completo e o número do DNI a normalizació[email protected] ou chamar ao 986 400 300. Cada persoa pode facer un máximo de catro reservas (o límite é 65 prazas). A actividade é para persoas adultas e crianzas de máis de 12 anos, sempre e cando estén acompañadas por un adulto.
O barco que traslade á illa collerase no porto de Cesantes ás 17:00 horas. A hora aproximada de volta ao mesmo porto é ás 20:00 horas.
O acto está organizado pola Xunta de Galicia en colaboración co Concello de Redondela e o Servizo de Normalización Lingüística.
Nigrán presenta un nuevo ciclo musical para todo el verano. Una nueva apuesta por la música en directo en el área de Vigo
Un pequeño concello a poco más de una hora de Vigo disfrutará de nuevo de una gran fiesta mexicana. Habrá comida tradicional y música en directo
Vuelve en Cerveira el Splash Family Festival. Durará dos días y tendrá hinchables para todas las edades, alguno de hasta 12 metros de altura
Nigrán ofrece la oportunidad de ver al aire libre y de noche una destacada película rodada en el área de Vigo. Este es el horario y el lugar
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL