O municipio de Salceda acolle esta fin de semana a que sen dúbida é a súa festa máis representativa, a do Entroido, que leva máis de 130 anos enfrontando aos barrios de Castro Barreiro e A Feira. O que eran festas parroquiais, lévanse convertido en grandes festas que congregan a multitude de persoas chegadas de toda a bisbarra.
O Concello de Salceda, xunto coas asociacións de A Feira e Castro Barreiro, veñen de presentar a campaña “Entroideiro ou besta”, coa que queren poñer o foco de atención nas agresións sexuais e os ataques a mulleres, conscientes de que o anonimato agochado detrás dunha máscara pode carrexar situacións de risco para as mulleres. Pois non é a primeira vez que este ambiente de festa é aproveitado por suxeitos parapetados detrás dunha máscara que aproveitando as aglomeracións se dedican a cometer actos moitas veces de acoso a mulleres.
Concello e asociacións pretenden deste xeito concienciar na convivencia e no respecto, de xeito que o Entroido de Salceda siga a ser coñecido por unha única loita: a dos barrios da Feira e de Castro Barreiro. Baixo o lema “o meu NON é o teu NON”, os cartaces da campaña estarán presentes polos torreiros de festas dos dous barrios, así como no camiño que os une, no que se aglutinan os desplazamentos dos centos de persoas que circulan entre ámbolos dous torreiros.
A alcaldesa de Salceda, Loli Castiñeira, responsable da área de igualdade explica que “seguimos implantando novas medidas do plan de igualdade aprobado en novembro de 2019. O noso compromiso coa igualdade e coa liberdade das mulleres plásmase en campañas coma esta, que non serían posibles sen o compromiso das diferentes asociacións, neste caso vinculadas ao Entroido”.
Nigrán presenta un nuevo ciclo musical para todo el verano. Una nueva apuesta por la música en directo en el área de Vigo
Un pequeño concello a poco más de una hora de Vigo disfrutará de nuevo de una gran fiesta mexicana. Habrá comida tradicional y música en directo
Vuelve en Cerveira el Splash Family Festival. Durará dos días y tendrá hinchables para todas las edades, alguno de hasta 12 metros de altura
Nigrán ofrece la oportunidad de ver al aire libre y de noche una destacada película rodada en el área de Vigo. Este es el horario y el lugar
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL