A Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui acolle desde ata o 24 de outubro unha exposición de viñetas do ilustrador e deseñador gráfico galego Luís Davila (Bueu, 1972). Baixo a denominación de “O Camiño do humor” mostra una escolma das viñetas que Davila publica cada día no xornal situado en Chapela “Faro de Vigo”. Esta mostra está organizada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidades da Xunta de Galicia.
“O camiño do humor” é unha exposición que presenta unha recompilación das mellores viñetas do artista galego Luís Davila. Unha peregrinación polas súas mellores ilustracións, con personaxes tan entrañables como “Doura a rozadora” e “Tucho”, entre outros. Na mesma amosarase parte da extensa traxectoria e valía do debuxante. Davila é xa un mestre en facernos rir e pensar cos seus debuxos, herdeiro de grandes artistas como Siro ou Xaquín Marín.
A mostra está organizada de maneira temática baixo epígrafes como Xente de aquí, Na leira, O bicherío, Tecnoloxía, O tempo, O turismo ou O Camiño de Santiago, etc. En conxunto, ofrece un completo percorrido pola obra de Davila a través dunha antoloxía das súas viñetas máis destacables.
Con esta nova mostra a concellería de Cultura tudense, que dirixe a Sonsoles Vicente, continúa apostando por ofrecer á veciñanza unha programación diversificada e de calidade nesta Sala Municipal de Exposicións. Para a concelleira esta nova exposición é unha oportunidade de achegarse a esta mostra dun humor que tamén nos fai reflexionar sobre a actualidade con moita retranca. A mostra forma parte do programa de actividades do 50 aniversario da Biblioteca Municipal de Tui.
Nigrán presenta un nuevo ciclo musical para todo el verano. Una nueva apuesta por la música en directo en el área de Vigo
Un pequeño concello a poco más de una hora de Vigo disfrutará de nuevo de una gran fiesta mexicana. Habrá comida tradicional y música en directo
Vuelve en Cerveira el Splash Family Festival. Durará dos días y tendrá hinchables para todas las edades, alguno de hasta 12 metros de altura
Nigrán ofrece la oportunidad de ver al aire libre y de noche una destacada película rodada en el área de Vigo. Este es el horario y el lugar
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL