O Castelo de Santa Cruz, na Guarda, contará até o vindeiro 2 de maio coa mostra escultórica “Nado en Pedra”, elaborada polo alumnado do centro. A mostra itinerante busca por en valor o tradicional oficio da cantería e o traballo do centro pontevedrés.
As 18 pezas de gran tamaño que compoñen a mostra amosan algúns dos oficios tradicionais máis senlleiros da nosa terra, coa o de ferreiro, costureira ou canteiro, ademais doutras estampas da vida cotiá dunha época marcada pola emigración.
A exposición permanecerá nos xardíns do Castelo de Santa Cruz ata o 2 de maio. Poderá visitarse entre as 10:00 e as 20:00 horas de luns a domingo.
A Escola de Cantería de Pontevedra comezou a súa actividade en 1979 e, dende 1982, depende da Deputación de Pontevedra. O centro desenvolve as súas actividades como un taller de traballo artesanal en pedra, no que se combinan ensinanzas teóricas e prácticas. Entre os seus obxectivos atópanse os de estimular a vocación artística para o desenvolvemento da artesanía no sector e conservar e promover o patrimonio da arquitectura tradicional da escultura popular.
Os traballos do alumando e os profesores teñen deixado por todo o mundo pegada do patrimonio arquitectónico popular de Galicia (dende cidades coma Nova York e Bos Aires ata Alemaña), así como a realización de hórreos e outras obras que locen en varios puntos de España e o estranxeiro.
Redondela ya tiene fecha y programa para el festival "Artistas na Rúa". Habrá marionetas, ilusionismo, teatro y acrobacias en una única jornada
¿Te gustaría descubrir más arte local? Descubre la popular iniciativa artística volverá a tomar un espacio de Vigo
Más de 2.500 raciones de churrasco para todos los asistentes. Descubre esta emblemática fiesta gastronómica del área de Vigo
Vialia Vigo volverá a convertirse en el epicentro de las "smash burgers". The Champions Burger llega con sus combinaciones más locas
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL