Por cuarto ano consecutivo volverase celebrar "A Guarda Diversa". A concellería de Igualdade e o CIM da Guarda organizan o mércores 28 de xuño “A Guarda Diversa”, unha ocasión especial para celebrar o Orgullo e continuar dando visibilidade ao colectivo LGTBIQ+.
As actividades de “A Guarda Diversa 2023” terán lugar na xornada do mércores día 28 en horario de 19:00 horas a 21:00 horas na Casa dos Alonsos con dúas sesións en paralelo.
Por unha banda no Salón de Plenos terá lugar o faladoiro "Non estamos todes: decepcións da Lei Trans", a cargo de Cristina Palacios, Traballadora social e Xerente da Asociación Arelas; Miguel Vieito, Asesor legal da Asociación Arelas e Brais Papiri, Responsable da Sección Xuvenil da Asociación Arelas, crianzas e mocidade trans de Galicia. Esta actividade estará acompañada da actuación musical da artista "A Riso". Neste faladoiro profundizarase naqueles aspectos nos que a Lei ten limitacións e os retos de futuro que se presentan. O Faladoiro tamén se vai a retransmitir por streaming a través da canle oficial de Youtube do Concello da Guarda.
Por outra parte na Sala de Audiovisuais da Casa dos Alonso terá lugar o contacontos e obradoiro dirixido a crianzas de 4 a 8 anos "Transformando Realidades" a cargo de Sara Uris, Mestra en Educación Infantil especializada en igualdade e Diversidade. Realizarase de forma simultánea co faladoiro como medida de conciliación.
Para asistir ás actividades non é necesaria inscrición previa e a entrada é de balde, ata completar aforo. Dende o Concello rogan a asistencia 10 minutos antes do inicio de cada acto.
Redondela ya tiene fecha y programa para el festival "Artistas na Rúa". Habrá marionetas, ilusionismo, teatro y acrobacias en una única jornada
¿Te gustaría descubrir más arte local? Descubre la popular iniciativa artística volverá a tomar un espacio de Vigo
Más de 2.500 raciones de churrasco para todos los asistentes. Descubre esta emblemática fiesta gastronómica del área de Vigo
Vialia Vigo volverá a convertirse en el epicentro de las "smash burgers". The Champions Burger llega con sus combinaciones más locas
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL