O refuxio canino Os Biosbardos de Ponteareas organiza un festival solidario contando co apoio e colaboración do Concello de Mos o próximo sábado día 30 de abril no pavillón Soledad Castro de Pena de Francia. O evento titulado Troula Biosbarda celebrarase de 17:00 horas a 20:00 horas e consistirá nunha tarde divertida e entretida “para nenos e nenas, peludos e adultos”, tal e como explican desde a organización.
Os cativos divertiranse con inchables, pintacaras, globloflexia, contacontos, e haberá clase de aerobic e un desfile para todos os públicos. No desfile peludo poderá participar co seu mellor amigo quen o desexe e contarase tamén coa presenza dos ‘biosbados’ adoptados.
Haberá Soldados Espaciais con photocall, que chegarán doutra Galaxia, a pasar a tarde con todos os asistentes. A Trastenda de Parche terá á venda o seu material que vai desde merchandaising, ata libros, chuches, bisutería, xoguetes e bebidas.
O festival culminarase ao remate cun sorteo de 50 agasallos entre todos os presentes. O prezo de entrada é de 3€ por persoa e Fila 0 para sorteo. Os interesados en obter máis información poden envíar un correo a atrastendadeparcheosbiosbardos@gmail.com
Ata o 5 de abril estará aberto o período de preinscrición na Escola Infantil do campus de Pontevedra, que contará con catro aulas e 51 prazas
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL