Unha das artistas máis recoñecidas no panorama musical de Galicia, Guadi Galego, súmase á programación de concertos de outono do Auditorio Mar de Vigo. A artista de Cedeira, que comezou a súa carreira musical en 1997 con Berrogüeto, atopase agora inmersa no seu último traballo, “Inmersion”. Un novo proxecto no que reinterpreta a súa propia música explorando territorios musicais diferentes.
O concerto de Guadi Galego en Vigo terá lugar o sábado, 16 de novembro, ás 20:30 horas no hall do auditorio vigués. Será precisamente neste particular espazo, con vistas privilexiadas ao porto marítimo da cidade olívica, onde Guadi presente novas versión das cancións máis especiais. Unha das voces máis consolidadas do panorama musical galego achegará o mar de Cedeira ao mar de Vigo. Un espectáculo único para o que xa están á venda as entradas en Eventbrite dende 16,76 euros.
Premio Martín Códax da Música á Mellor Artista na categoría de Canción de Autor, a artista de Cedeira acumula unha intensa traxectoria profesional que se pecha, polo de agora, con “Inmersión”. Dende Iván Ferreiro ao arxentino Lisandro Aristimuño, a creadora e intérprete e de jazz catalana Clara Peya, ou os galegos Xabier Díaz e Abe Rábade forman parte dunha ampla nómina de colaboradores que dan forma a un traballo íntimo, minimalista e arriscado.
Lanzan una nueva escapada gratis por las Rías Baixas para conocer sus tesoros y su biodiversidad. No te pierdas "Voando nas Rías Baixas"
Baiona acoge una asombrosa muestra de modelismo naval. Un centenar de barcos históricos que solo estarán a la vista por unos días
Vigo disfrutará del 8 al 11 de junio de la Fiesta del Cine. Consulta las películas y las salas donde disfrutar de los descuentos
Nigrán acoge un evento solidario a favor de Palestina. Se trata de un acto que contará con una comida solidaria, actuaciones y mucho más
Un curso de la UVigo aborda diferentes arquetipos del género de terror. Está abierto al público general y ya es posible anotarse
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL