O público da Festa da Lamprea de Arbo xa pode desfrutar da súa gastronomía. O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, inaugurou este venres a Arbomostra 2023 no marco da LXIII Festa da Lamprea, na que puxo en valor o cultivo da vide e a produción e comercialización do viño e doutros produtos alimentarios na comarca da Paradanta.
Na súa intervención, José Balseiros tamén sinalou o bo facer dos viticultores e adegas da denominación de orixe Rías Baixas, indicando que a calidade e sona do viño desta zona está atribuída á climatoloxía, ao cultivo das mellores variedades e ás técnicas de vangarda empregadas para a súa elaboración. Deste xeito, engadiu, que a produción e a industria vitivinícola levan anos medrando tanto en Arbo como no resto de concellos incluídos na denominación de orixe Rías Baixas.Neste eido, José Balseiros destacou o labor que dende a Xunta se está a levar a cabo, en prol, do fomento dun sector para o cal se convocan cada ano subvencións para promoción do viño en terceiros países e para investimentos produtivos nas adegas.
Nesa liña, o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias animou a seguir traballando na procura de produtos de calidade, porque selos como as denominacións de orixe ou as indicacións xeográficos protexidas "teñen cada día máis peso na rendibilidade das producións". Así mesmo, transmitiu a importancia de que ese valor engadido se traslade a toda a cadea de valor, para redundar no beneficio directo das comarcas rurais.
Cabe engadir que a Arbomostra 2023 permitirá acceder deica o vindeiro domingo aos viños da comarca da Paradanta, entre outros produtos de artesanía e alimentación. Enmárcase na edición 63 da Festa da Lamprea de Arbo, declarada Festa de Interese Turístico Internacional, que -tamén ata o domingo 30- permitirá degustar este produto en distintas opcións gastronómicas.
Redondela disfrutó este jueves de algunas de sus citas más tradicionales de la Festa da Coca. Estas son las imágenes que deja la jornada
Nace una travesía natural en kayak o paddle surf para conocer de una forma única una de las joyas naturales de Pontevedra
Una terraza de Nigrán con increíbles vistas al mar suma una nueva propuesta gastro. Un restaurante de Vigo aterriza con su cocina fusión
La ría de Vigo se transformará en un gran escenario con una nueva edición del Festival Azul. Habrá rutas, deportes acuáticos y gastronomía
El vigués Jorge Lens, premiado en un certamen de fotografía urbano promovido por PhotoEspaña. En una convocatoria cerca de 2.500 imágenes
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL