O espectáculo “Liberto”, da compañía Marelas Producións, chega esta fin de semana ao Auditorio Municipal de Vigo. O espectáculo, que aspira a sete galardóns, como mellor espectáculo, dirección, adaptación-tradución, actriz protagonista, actriz secundaria, música orixinal e iluminación, representarase o venres 28 de febreiro ás 21:00 horas.
Cunha duración de 80 minutos, a obra adapta un texto de Gemma Brió e erixese como "un canto á vida dende a primeira persoa interpelando directamente ao público. Unha reivindicación do imperfecto, do humano. Un texto e unha proposta formal asentada nas atmosferas sonoras que falan da vida, do sensorial e instintivo. Un espectáculo que revisa os límites socialmente acordados, un relato honesto de como xestionar a dor e de como seguir avanzando. Un proceso pegado ao primitivo, á conexión co noso animal, e por iso, contra todo prognóstico, cheo de vitalidade".
A obra, dirixida a público adulto, ten un prezo por localidade de 8 euros e poden adquirirse anticipadamente a través de Eventbrite ou no propio despacho de billetes do auditorio municipal unha hora antes do inicio do espectáculo.
Neste semestre dentro do programa Vigocultura será posible ver outros dous espectáculos que contan con nominacións. Trátase de “Lambetadas”, de Talía Teatro (ver sinopse), que estará o domingo 15 de marzo, que opta tamén a mellor espectáculo infantil, e “Medida por Medida” de Producións Teatráis Excéntricas (ver sinopse), que estará o venres 17 de abril e que conta con tres actores secundarios nomeados ao premio.
Nigrán presenta un nuevo ciclo musical para todo el verano. Una nueva apuesta por la música en directo en el área de Vigo
Un pequeño concello a poco más de una hora de Vigo disfrutará de nuevo de una gran fiesta mexicana. Habrá comida tradicional y música en directo
Vuelve en Cerveira el Splash Family Festival. Durará dos días y tendrá hinchables para todas las edades, alguno de hasta 12 metros de altura
Nigrán ofrece la oportunidad de ver al aire libre y de noche una destacada película rodada en el área de Vigo. Este es el horario y el lugar
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL