• Desaparecido Miño
  • Entradas Abraham Mateo
  • Apertura en Vigo
  • Festival Nigrán
  • Chiringuitos Vigo
  • Fiesta gastronómica
  • Fiesta mexicana Galicia
  • Festival Cerveira
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Qué hacer Fiestas

Magosto, concertos, teatro ou verbena para festexar as Festas de San Martiño en Bueu

Magosto, concertos, teatro ou verbena para festexar as Festas de San Martiño en Bueu
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
07/11/2021

O Concello de Bueu pecha o seu programa de festas populares coa celebración do San Martiño que, seguindo a dinámica do proxecto das Freguifestas que se levou a cabo nas parroquias, contará cunha programación pensada para todos os públicos desde o 11 ata o 14 de novembro. Audiovisual, xogos tradicionais para toda a familia, magosto, obradoiro de debuxo e patrimonio, teatro e música constitúen a aposta da concellería de cultura por unhas festas sostibles, que se celebrarán nunha carpa situada en As Lagoas.

Xosé Leal, concelleiro de cultura, salientou na rolda de prensa celebrada este sábado que “despois dun ano complexo debido á Covid-19, dende o Concello de Bueu queremos demostrar que a cultura segue sendo máis prioritaria e necesaria ca nunca”. O programa está organizado polo Concello de Bueu, coa colaboración da Xunta de Galicia, do Galp Ría de Pontevedra, a Deputación de Pontevedra, a Asociación Bueu en Festas, as ANPAS de Bueu, Beluso e Cela e a Asociación Cultural Santos Reis.

Másnoticias

Llega la épica Porrigalia, con Grande Amore, DJs y juegos olímpicos para un fiestón en O Porriño

Llega la épica Porrigalia, con Grande Amore, DJs y juegos olímpicos para un fiestón en O Porriño

22/07/2026
La mayor fiesta mexicana de Galicia ya tiene fecha para su nueva edición, con mariachis y comida auténtica

La mayor fiesta mexicana de Galicia ya tiene fecha para su nueva edición, con mariachis y comida auténtica

21/07/2026

Os eventos arrancarán o xoves, coincidindo coa festividade do San Martiño, con xogos tradicionais a partir das 11:00 horas. Xa pola tarde, ás 17:00 horas programarase o espectáculo “A casa do terror” de Xoan Curiel, un musical ateigado de rock e terror no que se ensamblan cancións, danzas, teatro, clown e no que tamén participa o público. Xa pola noite, ás 20:00 horas, a verbena estará amenizada por Los Players.

O venres pola tarde, entre as 17:00 e as 19:00 horas, a carpa das Lagoas acollerá xogos tradicionais e inchables, mentres que o grupo local Distrito 7 serán os encargados de amenizar a festa da noite.

O sábado arrancará ás 10:00 horas coa ruta “Debuxando a memoria da auga”, na que o artista local Joshua Xanbreo convidará ás persoas participantes a inspirar as súas creacións e debuxos arredor das fontes e lavadoiros da parroquia de San Martiño, co obxectivo de poñer en valor estes elementos patrimoniais da historia bueuesa. Para esta actividade é preciso inscribirse previamente a través do enderezo electrónico [email protected].

Tamén pola mañá, entre as 12:00 e as 13:30 horas, haberá inchables e xogos na carpa. Pola tarde terá lugar un magosto popular, no que colaboran as asociacións de nais e pais das tres parroquias. Xa pola noite, no marco do programa “Tornar ás táboas” da Deputación de Pontevedra, a compañía teatral Teatro de Ningures representará a obra “O Grocho”, que se poderá ver no Centro Social do Mar ás 21:00 horas, e posteriormente rematará a festa na carpa cun concerto a cargo de Rebelióm do Inframundo + DJ Pol.

O domingo será un día tamén de xogos e inchables e, pola tarde, ás 18 h estrearase o audiovisual “O Ronsel de Manuel Aldao e Manolo Purro” no Centro Social do Mar. E, como vén sendo habitual, do do 11 ao 14 de novembro tamén se pode ver unha mostra de fotos antigas no adro pequeno da igrexa parroquial, que promove a Asociación Cultural Santos Reis, e na que se lembran persoas e espazos do Bueu do pasado.

‘O Ronsel de Manuel Aldao e Manolo Purro’

Continuando co labor de reivindicación da memoria individual e colectiva, o Concello de Bueu vén de publicar un pequenolibro e un documental no que se pon en valor as traxectorias de Manuel Aldao e Manolo Purro, dous homes que traballaron arreo polo patrimonio local e que comparten espazo en “O Ronsel do mar”. Este proxecto saíu adiante coas axudas do Galp Ría de Pontevedra, e o resultado do documental poderase ver o domingo ás 18:00 horas no Centro Social do Mar.

Tanto o libro coma o audiovisual recollen o testemuño destes dous homes bueueses, amais do que supuxo a súa contribución á historia local, e perfís de persoas da súa contorna, como Salvador Castro ou Míriam Ferradáns. Félix Juncal, alcalde da vila, describe no limiar do libro a “Manuel Aldao e a Manuel Purro como dous patróns dun barco que simboliza a Bueu e á súa historia”.

 

Temas: Bueufiestas en GaliciaO Morrazo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Llega la épica Porrigalia, con Grande Amore, DJs y juegos olímpicos para un fiestón en O Porriño
Fiestas

Llega la épica Porrigalia, con Grande Amore, DJs y juegos olímpicos para un fiestón en O Porriño

O Porriño se convertirá en el epicentro de unos peculiares Juegos Olímpicos de la antigüedad. Habrá conciertos y muchas actividades

PorÁngel Vila
22/07/2026
Vigo SeaFest, PortAmérica o Festas de Alcabre, todos los planes este fin de semana en Vigo y su área
Fiestas

Sardiñada gratis y música en plena naturaleza, vuelve una gran fiesta en un escenario único de Vigo

Vigo ya calienta motores para volver a celebrar una icónica fiesta en plena naturaleza. Contará con una gran sardiñada gratis y música

PorSara Rodríguez
22/07/2026
Uno de los festivales más esperados de las Rías Baixas cierra su cartel con todo un clásico
Música

Uno de los festivales más esperados de las Rías Baixas cierra su cartel con todo un clásico

Un nuevo artista se suma al cartel de uno de los festivales más top de las Rías Baixas. Una reconocida voz del panorama español

PorSara Rodríguez
22/07/2026
Nigrán celebrará su festival más especial junto al mar para encontrar una cura para Mauri
Música

Nace un nuevo festival en distintos escenarios de Nigrán con conciertos gratis durante el atardecer

Nigrán presenta un nuevo ciclo musical para todo el verano. Una nueva apuesta por la música en directo en el área de Vigo

PorSara Rodríguez
21/07/2026
O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia
Enfoque

O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

PorUxía Pérez
16/07/2026

Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

24julTodo el día26Fiesta de Porrigalia 2026 en O PorriñoFIESTAS | O PORRIÑO

25julTodo el día26Festa da Sardiña en A Guía, TeisFIESTAS GASTRONÓMICAS | VIGO

25jul12:0023:59Bocados e Grolos en NigránCÓCTELES Y TAPAS | NIGRÁN

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X