• Chiringuitos Vigo
  • Chayanne Castrelos
  • Super 24 horas Vigo
  • Entradas Chayanne Vigo
  • The Champions Burger
  • Nuevo puente internacional
  • Festival Vigo
  • Mercado Vigo
  • Fiesta gastronómica
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Qué hacer

María Casares e as Feirantas, protagonistas do Días dos Veciños do Festival de Cans

O Festival de Cans comeza coa literatura e cos veciños como grandes protagonistas
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
18/05/2022

O Festival de Cans vai poñendo a punto os motores dos chimpíns este mércores, coa veciñanza de Cans como protagonista. A xente da aldea, colaboradora e partícipe, é o eixe central deste día, no que se agradece a súa inestimable contribución ao festival.

Na segunda xornada da súa semana grande, o XIX Festival de Cans inclúe un bo número de actividades e moitas emocións. A homenaxe a María Casares, coa inauguración da rúa efémera na que participarán as actrices Lidia Veiga, Mariana Carballal, Melania Cruz, Sabela Hermida e Isabel Blanco, e a estrea na Noite d@s Veciñ@s do documental colectivo As feirantas de Cans son algúns dos pratos fortes da programación deste mércores.

Másnoticias

La orquesta Panorama vuelve al área de Vigo, llega con su gran espectáculo a una fiesta de O Porriño

La orquesta Panorama vuelve al área de Vigo, llega con su gran espectáculo a una fiesta de O Porriño

20/07/2026
O Porriño pone en marcha un contrato global para renovar el pintado vial de todas sus carreteras

O Porriño pone en marcha un contrato global para renovar el pintado vial de todas sus carreteras

19/07/2026

As actividades do 18 de maio principian ás dez da mañá coa inauguración da rúa efémera María Casares, na que as actrices Lidia Veiga, Mariana Carballal, Sabela Hermida e Isabel Blanco descubrirán unha placa co nome desta referente das artes escénicas. Ás 11:30 h no Baixo de Carlos participarán en "De María Casares a nós", título do primeiro dos clásicos coloquios AISGE, no que se falará da influencia desta grande do teatro europeo nas actrices contemporáneas.

O apartado Cans Participa inclúe a presentación do Proxecto Cans 303, o obradoiro de gravación e montaxe coordinado polo cineasta e videoartista Juanma Lodo, que busca en cada edición rescatar unha parte da memoria colectiva da aldea. Centrado nesta XIX nas mulleres que traballaban na venda ambulante, o documental As feirantas de Cans estrearase no Torreiro ás 21:30 dentro da Noite d@s Veciñ@s, xunto co videoclip "O estraperlo", dirixido por Fefi Senlle, e as actuacións de Acordecáns e das Pandereiteiras de Cans.

Primeiros pases dos Cans do Futuro

Ata o próximo venres pasarán por Cans arredor de 400 escolares, dentro das actividades dos Cans do Futuro. Comezarán este mércores ás 10:30 h no Baixo de Bugarín coa proxección das tres curtametraxes finalistas do concurso Senda Litoral, e a entrega do premio á obra gañadora desta iniciativa posta en marcha canda a Fundación Galicia Sustentable, a Secretaría Xeral de Política Lingüística e EDP Enerxías Renovables.

Dentro do marco do proxecto "Recoméndoche un libro", para estimular a lectura e a creación audiovisual en galego entre a mocidade, o Festival de Cans impulsa o concurso "Ollo de vidro". Os traballos finalistas proxectaranse ás 16.30 h no baixo de Carlos. Contará coa presenza dos concursantes, do xurado avaliador e de representantes das institucións colaboradoras.

Novas camadas, masterclass e outras homenaxes

O baixo de Carlos será tamén o espazo dunha masterclass ás 13:00 h sobre subtitulado e accesibilidade. Estarán o director Alfonso Zarauza acompañado do realizador e profesor Pablo Romero-Fresco, quen está a desenvolver unha metodoloxía sobre os procesos de subtitulación na industria audiovisual galega.

Tamén alí, a partir das 18;30 h, será a quenda da categoría a concurso Novas Camadas, que o festival inclúe desde fai dous anos co ánimo de promover a autoras e autores que realicen a súa primeira obra, e que teñan menos de 25 anos. Nesta XIX edición, son 8 as curtas finalistas, que poderán visionarse por primeira vez no marco dun festival. Antes, no Torreiro de Cans os e as realizadoras destas obras participarán no primeiro dos encontros Dálle caña!.

Música de cine da Banda Municipal do Porriño ás 19 h no Parque do Cristo, a descuberta do traxe do Can de Pedra na rotonda de entrada á aldea ás 20.30 h e a colocación da placa de Marisol Troncoso e Alfonso González ás 21:00 h no muro dos chimpíns, completan esta emotiva xornada previa á apertura oficial do XIX Festival de Cans.

Temas: A LouriñaFestival de Cansfestivales de cinefestivales de cine en GaliciaO Porriño
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Guía completa para comprar las entradas del concierto de Abraham Mateo en Vigo
Música

Guía completa para comprar las entradas del concierto de Abraham Mateo en Vigo

¿Pensando en ir al concierto de Abraham Mateo en Castrelos? Esto es todo lo que debes de saber para conseguir sus entradas en Vigo

PorIván Dacal
21/07/2026
El Revenidas anuncia a Panteón Rococó y La Élite con sus abonos agotados a falta de casi un mes
Música

La ciencia tendrá su propio escenario en uno de los grandes festivales de las Rías Baixas, el Revenidas

Reputados científicos llegan al "cartel" de un potente festival de las Rías Baixas, así es el "Ondas e partículas" que estrena el Revenidas

PorUxía Pérez
21/07/2026
El Festival Artistas de Rúa convertirá de nuevo Redondela en un gran circo a cielo abierto
Espectáculos

El Artistas da Rúa vuelve a Redondela con espectáculos gratis y el concierto de un joven talento gallego

Redondela ya tiene fecha y programa para el festival "Artistas na Rúa". Habrá marionetas, ilusionismo, teatro y acrobacias en una única jornada

PorIván Dacal
21/07/2026
Un mercado efímero transformará un centro comercial de Vigo en una auténtica galería de arte
Qué hacer

Un mercado efímero transformará un centro comercial de Vigo en una auténtica galería de arte

¿Te gustaría descubrir más arte local? Descubre la popular iniciativa artística volverá a tomar un espacio de Vigo

PorSara Rodríguez
21/07/2026
O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia
Enfoque

O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

PorUxía Pérez
16/07/2026

Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

24julTodo el día26Fiesta de Porrigalia 2026 en O PorriñoFIESTAS | O PORRIÑO

25julTodo el día26Festa da Sardiña en A Guía, TeisFIESTAS GASTRONÓMICAS | VIGO

25jul12:0023:59Bocados e Grolos en NigránCÓCTELES Y TAPAS | NIGRÁN

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X