Non se entende o festival Revenidas sen a celebración da Gala Solidaria de Circo. A deste ano terá lugar o domingo 10 de setembro a partir das 17:30 horas, xusto despois da tradicional sardiñada popular. E, coma sempre, a entrada é de balde.
A Gala do festival Revenidas acollerá unha festiva sucesión de espectáculos de maxia, clown, música e circo protagonizados por varios dos nomes máis destacados da escena galega e catalá dos espectáculos de rúa.
É o caso, por exemplo, de Peter Punk. Todo un clásico desta gala ata o punto de que no 2022 celebrou nela os seus 20 anos en escena. Nesta ocasión retornará a Vilaxoán para presentar un renovado espectáculo para todos os públicos cun humor traste, fresco e irreverente.
Tamén estará na gala o Mago Paco, un dos poucos especializados na categoría de maxia infantil. Os seus espectáculos caracterízanse por unha mestura de varias artes escénicas coa maxia, suma que lle achega dinamismo e fantasía encima do escenario. Ademais, en todos eles priman a fantasía e as gargalladas, e sobre todo a participación do público.
Dende Cataluña chegará Nono, un clown con máis de 15 anos de traxectoria, que presentará un espectáculo de malabares e manipulación que fará viaxar ao público polo seu mundo de fantasía. Un mundo no que tentará mostrar os seus mellores trucos de malabares aínda que os problemas aparezan en cada esquina. Pero el é quen de acabar resolvéndoos con moito humor.
Outras das presenzas destacadas da Gala é a de Asacocirco. A compañía que fundaron e dirixen Miriam Crespo e João Alvim transformará o recinto do Revenidas nunha pista de circo, onde a risa, o risco, a diversión e a espectacularidade están garantidas. Todo con poucas palabras, moita interacción co publico e un final moi arriscado!
O circo, o humor e a maxia mestúranse tamén na proposta que presentará Simplemente Enrico, co seu espectáculo Heinrich, aprendiz de mago, no que relata as aventuras e desventuras deste ilusionista ao que case nunca lle saen os trucos ou se lle nota a trampa pero que, ao tempo, é capaz de facer sorprendentes números de malabares, equilibrios e funambulismo.
Da parte musical da Gala farase cargo Uxía Lambona, especialista en recoller os clásicos da música popular galegas e darlles o seu toque particular, tinguíndoos de ska, reggae, klezmer ou rock. Desde "A Carolina" rapeada ata "O Jato rockeiro", pasando por outros moitos temas tradicionais e algún que outro propio. O conxunto conforma un espectáculo moi dinámico, no que non só os nenos, senón todo tipo de públicos acaban sendo do seu “des-concerto”, cheo de bailes, xogos, coreografías e algunha que outra sorpresa.

Nigrán presenta un nuevo ciclo musical para todo el verano. Una nueva apuesta por la música en directo en el área de Vigo
Un pequeño concello a poco más de una hora de Vigo disfrutará de nuevo de una gran fiesta mexicana. Habrá comida tradicional y música en directo
Vuelve en Cerveira el Splash Family Festival. Durará dos días y tendrá hinchables para todas las edades, alguno de hasta 12 metros de altura
Nigrán ofrece la oportunidad de ver al aire libre y de noche una destacada película rodada en el área de Vigo. Este es el horario y el lugar
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL