Moaña aposta por aprazar e non suspender os eventos culturais afectados pola crise do coronavirus. Nun vídeo publicado nas redes sociais do Concello, a rexedora local, Leticia Santos, anunciou que o equipo de goberno vén de decidir non cancelar os eventos culturais, senón celebralos máis adiante.
“Aprazamos e non cancelamos porque temos un compromiso coa cultura deste pais e coas persoas que a crean”, explica a alcaldesa para engadir que “apostamos por aprazar para que a veciñanza os poida desfrutar e para que as persoas creadoras poidan seguir tendo un futuro neste país”.
Polo de agora, o Concello aprazou o Varadero Fest, un festival de música urbana previsto para o 2 de maio, a FeiraEcoArtesá, do 10 de maio, e a Festa da Diversidade.
Dende o Concello explican que todas as decisión se tomarán sempre esperando as indicacións das autoridades sanitarias, pero que o obxectivo pasa por poder ofrecer dentro da seguridade os eventos culturais previstos. Suporán tamén un premio para a rapazada e a veciñanza despois dun confinamento “exemplar”. O Concello decidirá as festas da reprogramación cultural cando se aclare a situación.
O municipio morrancense súmase así á campaña #NonNosCanceles, unha iniciativa que xorde dos profesionais da cultura en Galicia para manter as contratacións e o traballo no sector. Á iniciativa, convertida en tendencia estatal este luns en Twitter, adheríronse eventos, artistas e empresas como A Panadaría Teatro, Urdime, De Vacas, Silvia Penide, FIC Bueu, Chévere, Píscore ou Señora Supina.
Nigrán presenta un nuevo ciclo musical para todo el verano. Una nueva apuesta por la música en directo en el área de Vigo
Un pequeño concello a poco más de una hora de Vigo disfrutará de nuevo de una gran fiesta mexicana. Habrá comida tradicional y música en directo
Vuelve en Cerveira el Splash Family Festival. Durará dos días y tendrá hinchables para todas las edades, alguno de hasta 12 metros de altura
Nigrán ofrece la oportunidad de ver al aire libre y de noche una destacada película rodada en el área de Vigo. Este es el horario y el lugar
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL