Ao fin chegou o día. O Festival Intercéltico de Moaña é de novo unha realidade. A música todavía non se apoderou do Paseo Marítimo, pero só é cuestión de tempo. Este xoves 26 de xullo, ás 20:00 horas, diferentes grupos folclóricos moañeses desfilarán e presentarán a súa música a un público que terá por diante un total de tres xornadas nas que poderá de gustar a potencias galegas como Budiño ou Xabier Díaz e propostas de carácter internacional como Project Smok ou Capercaillie.
Os colectivos Breogán, Charaviscas, Gaiteiros de Moaña, Meiramar Axóuxeres, Moañesa de Música e Danza e Solaina abrirán esta nova edición do Festival Intercéltico do Morrazo. Os grupos folclóricos locais abrirán o evento, que ás 22:00 horas xa contará coa actuación de Project Smok.
O primeiro gran nome que tocará no Palco principal do Paseo Marítimo vén procedente de Escocia. Project Smok é un proxecto de Ali Levack e Pablo Lafuente. Cun dominio absoluto dos seus oficios, a súa música é unha mestura maxistral de whistle e guitarra.
https://www.youtube.com/watch?v=rrj5_Vzkxuk
O apaixonado whistle de Ali Levack asubía influenciado polos grandes músicos de vento do jazz e polas súas raíces na música escocesa: un longo camiño dende a tradición na que medrou, aprendendo o seu oficio como gaiteiro de Highland cos grandes mestres. Esta mestría traduciuse no impulso da súa arte a novas cotas, cunha improvisación ardente e un virtuosismo absoluto. O acompañamento de Levack vén das cordas de Pablo Lafuente, unha guitarra chea de ritmo que se complementa á perfección co seu estilo.
O álbum debut de Smok, "Horizon's", lanzouse na primavera de 2018. Ademais das súas composicións, tamén interpretan pezas de bodhran do lendario Martin O'Neill. "Horizon's" reflicte o carácter colaborativo de Smok: tanto na gravación como nos directos, o dúo aproveita as súas conexións para convidar artistas da vibrante escena popular escocesa, un plan que permite gozar do mellor no escenario.
Tras a actuación de Project Smok, os asistentes poderán gozar este venres de Budiño e Plantec mentres que na xornada do sábado porán o colofón do Intercéltico do Morrazo Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre e Capercaillie.
Nigrán presenta un nuevo ciclo musical para todo el verano. Una nueva apuesta por la música en directo en el área de Vigo
Un pequeño concello a poco más de una hora de Vigo disfrutará de nuevo de una gran fiesta mexicana. Habrá comida tradicional y música en directo
Vuelve en Cerveira el Splash Family Festival. Durará dos días y tendrá hinchables para todas las edades, alguno de hasta 12 metros de altura
Nigrán ofrece la oportunidad de ver al aire libre y de noche una destacada película rodada en el área de Vigo. Este es el horario y el lugar
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL