Moaña presentou este mediodía unha das citas más agardadas da súa programación cultural do verán. O “furacán” Sés chega ao Palco da Música da vila morracense o vindeiro sábado 1 de agosto. A cita será ás 22:30 horas e contará cunha serie de medidas especiais para garantir a seguridade sanitaria ante o coronavirus e será a encargada de abrir a programación de "Días de mar".
O recital, de balde, contará cun aforo máximo de 600 persoas. As interesadas e interesados en asistir ao concerto de Sés en Moaña poden facer un máximo de dúas reservas por persoa a través da plataforma de Enterticket.es. A reserva das localidades abrirase este luns 20 de xullo ás 12:00 horas. As previsión apuntan a que o papel voará. O “sold out” está garantido para un dos concertos de balde máis importantes deste verán na área de Vigo. O concerto, que se engloba dentro do programa de subvencións municipais para concertos Musigal, da Deputación de Pontevedra, permitirá desfrutar de balde dunha das artistas máis recoñecidas e populares do mapa musical galego.. A presentación do concerto de Sés contou coa presenza da alcaldesa de Moaña, Leticia Santos; a concelleira de Turismo e Promoción Económica, Coral Ríos; e a deputada provincial de Turismo, Ana Laura Iglesias. Na rolda de prensa, agradeceusa a colaboración dos efectivos de Protección Civil para sacar adiante este evento e o resto de citas da programación de "Días de mar".
Dende o seu primeiro disco en 2011, María Xosé Silvar leva facendo oír a súa voz a cada vez máis xente, en todos os sentidos: compoñendo e interpretando cancións que van do rock á música latina e expresando co seu carisma e honestidade unha visión propia e inconformista do mundo. A cantautora galega caracterízase por facer básicamente o que lle peta no escenario, sen atender a ningún tipo de prexuízo.
A Moaña chegará co seu sétimo traballo, “Liberar as Arterias”, baixo o brazo, publicado o pasadoo 21 de febreiro. A principios de ano, adiantaba o single “Espiña sen rosa” no que mestura o seu mellor estilo con guitarras, baterías, pandeiretas... un tema que ten como eixo a loita feminista. Sés anima a levantarse, a romper as mordazas, a ser unha mesma. En “Liberar as arterias”, Sés percorre América de norte a sur.
Las Rías Baixas volverán a la televisión nacional con Jesús Calleja. Grabará su próximo programa en una de las fiestas más sorprendentes de Galicia
Vuelve la fiesta de la cerveza artesanal a Vigo. La única marca viguesa de cerveza artesanal ha organizado un fiestón antes del verano
Una parroquia de O Porriño se prepara para un 'Serán Furancheiro'. Habrá tapas, queimada gratis y música de gaiteiros
Vigo ya prepara sus grandes fiestas gastronómicas del verano. Una de las más importantes, la Festa da Sardiña, desvela su programa
Un curso de la UVigo aborda diferentes arquetipos del género de terror. Está abierto al público general y ya es posible anotarse
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL