O programa cultural “Música no Ar” da Deputación de Pontevedra continúa o seu percorrido este xoves en Mos. O concerto ofrecido pola formación Tramontana celebrarase no exterior da Igrexa de Santa Baia, ao carón do Pazo, ás 21:00 horas dentro desta iniciativa provincial composta, este ano, por 15 actuacións de música clásica e de cámara en importantes espazos patrimoniais da provincia como museos, igrexas, bens do patrimonio industrial, castelos, pazos ou fortalezas.
A formación Tramontana interpretará os temas ‘Two Interlinked French Folk Melodies’ (Ethel Smyth, 1928), ‘Desdémona’ (Mel Bonis, 1909; con arranxo de Gérard Chenuet), ‘Trio: Scherzo’ (Henriette Renié, 1901), ‘Un soir’ (Mel Bonis, 1906; con arranxo para arpa e viola a cargo de Alejandra Martín e Mathilde Bernard), ‘Muiñeira’ (Diego F. Vilela, 2021), ‘O son do ar’ (tradicional; con arranxo de Aurora Pajón), ‘Songe’ (Mel Bonis, 1914; con arranxo para arpa e viola a cargo de Alejandra Martín e Mathilde Bernard), ‘Viviane’ (Mel Bonis, 1909; con arranxo de Gérard Chenuet), ‘Valse mélancolique’ (Clémence de Grandval, 1896), ‘Eidos’ (Aurora Pajón, 2019) e ‘Doppler Effect’ (Adrienne Albert, 1998).
Tramontana está composta por Aurora Pajón (frauta), Mathilde Bernard (arpa) e Alejandra Martín (viola). Fundouse en 2017 na cidade suíza de Berna cunha dirección artística común: crear espectáculos nos que a música se atopa e combina con diferentes elementos artísticos como o teatro, a poesía, a escenografía ou as artes visuais. A decisión de integrar todos estes elementos non só é estética, senón que permite expresar e transmitir as conviccións do grupo, que quere darlle ao seu público novas ideas e algo no que seguir a pensar unha vez fóra da sala de concerto.
A programación de “Música no Ar” está composta por 15 formacións, desde dúos ata cuartetos, con repertorios que versan entre o clásico e o contemporáneo, con música instrumental e voz pero tamén propostas que inclúen danza e silencio. Despois deste xoves, o programa continúa ata setembro con máis concertos en espazos de Salceda de Caselas, Ribadumia, Ponte Caldelas, Mondariz, Bueu, Crecente, Forcarei, Salvaterra e A Cañiza. O calendario completo pódese consultar no sitio web da Deputación. Todos os concertos teñen acceso libre ata completar a capacidade do recinto, agás os do Castelo de Sobroso (Mondariz) e mais o do Pazo Quinteiro da Cruz (Ribadumia), que requiren inscrición previa no correo electrónico participa.cultura@depo.gal.
Un grupo de artistas se ha propuesto revolucionar Vigo. Aunque todavía no han dicho ni pío, prometen mucha pluma y mucho cacareo
Música y claqué conquistarán uno de los mercados de Vigo para ofrecer un concierto mágico. No será el único lugar, hasta 20 espacios de la ciudad se llenarán de arte
Xinzo de Limia celebra una de sus mayores fiestas romanas con su edición número XXV y una gran cantidad de actividades especiales
Chaves, en el norte de Portugal, iniciará el mes de mayo con un gran evento centrado en el bacalao. Se buscan las mejores propuestas con este ingrediente
El objetivo de esta alianza es identificar y cuantificar los principales tipos de polen con capacidad alergénica
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL