Todo preparado en Mos para a celebración do quinto Festival Intercéltico O Son do Pazo. O evento traerá á contorna do Pazo de Mos a diferentes grupos da escena folk galega entre o venres, 13 e o sábado 14 de setembro.
A xornada do venres, a banda de gaitas Airiños do Castelo do C.C.D. Santa Eulalia será a encargada de abrir a programación musical do evento ás 22:30 horas. A súa actuación servirá de aperitivo para o espectáculo de Böj, unha banda de referencia da escena folk galega cun repertorio integrado fundamentalmente por pezas procedentes da tradición escocesa e irlandesa. Tras eles, Algarabía pechará a festa na primeira noite.
A música seguirá soando durante toda a xornada do sábado 14. Ás 13:00 horas dará comezo unha sesión vermú con Zurrumalla e as regueifas de Lupe Blanco e Bieito Lobariñas. Haberá pulpeiro e varias food trucks que permitirán gozar a todos os asistentes dunha ampla oferta gastronómica. A carpa do festival contará con mesas para comer e durante a sobremesa haberá actividades dirixidas aos máis cativos.
Pola tarde, chegarán Os Monifates co seu espectáculo de rúa, no que mesturan a música e os monicreques. A Treboada do Baixo Miño levará o son contundente dos seus bombos para facer vibrar a todo o público, que terá tamén a oportunidade de aprender danza irlandesa cun obradoiro a cargo de Edel Duff. Xa pola noite, os concertos volverán ao escenario principal do Son do Pazo da man da banda de gaitas Atlántida de Matamá, Arume, Pepe Vaamonde Grupo e os lucenses Airiños da Freba.
Como vén sendo habitual, esta quinta edición do Festival contará con zona de acampada gratuíta no Pavillón Patricia Martínez e un amplo espazo para aparcar no parque da Pesqueira. Haberá, ademais, unha completa programación paralela con mercado de artesanía e exposicións sobre o traxe galego e “A gaita na música tradicional galega”.
Na noite do sábado o escenario principal acollerá tamén a entrega do premio Mestre Machiño, un galardón que leva o nome do histórico mestre de baile do C.C.D. Santa Eulalia e que serve para recoñecer cada ano a algunha persoa ou entidade que destacara na defensa e divulgación da música e da cultura tradicional. Nesta ocasión, a homenaxeada será a mestra de baile, investigadora, pandereteira e compoñente de Leilía Felisa Segade.
El festival SinSal, que se celebra en la Isla de San Simón, ya tiene fechas para este 2025. ¡Esta es la novedad de esta edición!
El Concello de O Porriño, que aumentó la cifra destinada a premios, tiene el plazo abierto para anotarse en sus desfiles
Salvaterra vivirá una jornada gastronómica centrada en la carne ao caldeiro. Las plazas son limitadas y aún es posible apuntarse
Una de las estrellas de Drag Race aterriza en Vigo con un show gratis. Un fiestón en pleno Casco Vello lleno de música y diversión
Este proyecto pionero emplea la realidad virtual para generar mejoras físicas y cognitivas en personas con daño cerebral adquirido
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL