• Apertura Vigo
  • Planes finde
  • Obras en Balaídos
  • Cambio velocidad A-55
  • Festival Tomiño
  • Fecha nuevas rampas
  • Ikea Vialia
  • Playa Portugal
  • Planazo Nigrán
  • Rocha Folk
  • Alerta calor
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Qué hacer Exposiciones

A mostra “Auga, o sangue da terra”, de Manuel Valcárcel, poderá visitarse en Tui

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
22/01/2018

A exposición "Auga, o sangue da terra", que será inaugurada o 1 de febreiro ás 19.30 horas, realiza un percorrido pola relación do ser humano coa auga mediante fotografías dos cinco continentes. Lugares tan remotos como Nova Celandia, India, China, Níxer, o deserto de Atacama ou a conca do lucense río Lor foron fotografados por Manuel Valcárcel e recollidos neste proxecto expositivo que ten como obxectivo valorar a auga como elemento vital e amosar como inflúe a presenza ou ausencia de auga nas culturas, nas paisaxes e nos ecosistemas.

Percorrendo o paso da auga en tres escenarios

As imaxes están distribuídas en tres bloques. O primeiro, "Os estados da auga", recolle fotografías tomadas en Nova Celandia e Galicia, co río Lor como protagonista, que plasman o paso da auga en estado sólido ao líquido e, ao mesmo tempo, os engarces entre a montaña e o mar.

Másnoticias

Foto: Freepik

Vuelve el festival que hará viajar en el tiempo a Tomiño con música de los 80 y de los 90

22/08/2025
Foto: Concello de Tui

Arranca el Rocha Folk en Tui con conciertos, talleres, desfiles y una comida campestre

22/08/2025

"A auga e a vida" conforma o segundo bloque con imaxes de dous lugares do continente asiático. Un deles é Varanasi, na India, por onde pasa o río Ganges, que forma parte da vida espiritual dos hindús e é destino sacro de peregrinación. O segundo lugar é Longshen Guilin, na China, onde o manexo da auga por parte do ser humano determinou a paisaxe. As ladeiras reconstruíronse con terrazas nas que se cultiva o arroz.

"Vivindo na escaseza" é o último bloque que trata sobre a escaseza e ausencia de auga. Inclúe imaxes de Malí e os seus pescadores bozo, quen, aproveitando a época seca, recollen todo o peixe que poden no río Níxer para despois vendelo. A escaseza de auga tamén se ilustra con imaxes do deserto de Atacama, onde a seca deu lugar a unha paisaxe lunar.

Cando poderá visitarse?

A exposición poderá visitarse na Sala de Exposicións Municipal, situada na Área Panorámica, entre o 1 e o 22 de febreiro de xeito gratuíto. Esta mostra chega á vila fronteiriza grazas ao convenio de colaboración cultural asinado polo o alcalde, Carlos Vázquez Padín; a directora de Oficina de ABANCA de Tui, Uxía Arranz Costas; e a Coordinadora da Área de Cultura de Afundación, Marité Cores.

Durante a presentación do convenio, esta mañá n na casa do Concello, o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, amosou a súa satisfacción por poder chegar a este acordo con ABANCA e Afundación, acordo que agarda “sexa o primeiro de moitos sucesivos”.

O rexedor tudense lembrou que Tui “é unha das cidades máis importantes de Galicia dende a perspectiva histórica, monumental e artística” apuntando a importancia de sumar sinerxias con entidades máis fortes.

Temas: Abancaexposiciones en Galiciaexposiciones en TuiO Baixo MiñoTui
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Qué hacer

Guía del Entroido de Verán de Redondela con mapa, horarios de autobuses y programa

¿A qué horas son las actividades? ¿Y qué horarios tienen los autobuses? ¡Descúbrelo en esta guía del Entroido de Verán de Redondela!

PorIván Dacal
22/08/2025
Qué hacer

Entroido de Verán de Redondela, gaming, cine en Castrelos y más en el área de Vigo para este finde

Si buscas planes para este finde en Vigo y alrededores, no te pierdas estas 15 propuestas. Desde el Entroido de Verán al cine en Castrelos

PorShelly Villaverde
22/08/2025
Qué hacer

Última oportunidad para disfrutar de una noche repleta de monstruos en Nigrán

Un pasaje del terror al aire libre llega a Nigrán este fin de semana con hasta 50 monstruos. Habrá recompensa para quien consiga superarlo

PorShelly Villaverde
22/08/2025
Foto: Freepik
Qué hacer

Vuelve el festival que hará viajar en el tiempo a Tomiño con música de los 80 y de los 90

El "Festival de los 80 y 90" de Tomiño ya tiene fecha. Promete más de cinco horas de música para tener una noche "inolvidable"

PorIván Dacal
22/08/2025
Enfoque

Investigadores do CIM estudan o papel do plancto mariño no almacenamento de CO₂ nos océanos

PorMetropolitano
01/08/2025

O investigador Pablo Serret realizará medicións semanais na ría de Vigo durante 3 anos

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

13agoTodo el díaTradition, the origin of circus con Evolution Circus en NigránCIRCO | NIGRÁN

23ago18:00Programación con horarios del Entroido de Verán en RedondelaFIESTAS | REDONDELA

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X