• Chiringuitos Vigo
  • Chayanne Castrelos
  • Super 24 horas Vigo
  • Entradas Chayanne Vigo
  • The Champions Burger
  • Nuevo puente internacional
  • Festival Vigo
  • Mercado Vigo
  • Fiesta gastronómica
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Qué hacer Fiestas

Música, gastronomía e Luís Zahera protagonizan o inicio das Festas de San Telmo de Tui

Música, gastronomía e Luís Zahera protagonizan o inicio das Festas de San Telmo de Tui
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
15/04/2022

Tui celebrará dende este sábado, 16 de abril, e até o luns 25 as festas patronais na honra a San Telmo, declaradas de interese turístico galego. O inicio da festa virá marcado polo pregón popular da man do actor galego Luís Zahera. O gañador dun premio Goya por “El Reino” abrirá as festas dende o balcón do edificio dos antigos xulgados na praza da Inmaculada ás 12.45 h.

O acto institucional terá lugar ás 19.30 h no Teatro Municipal coa gala de entrega dos “Premios Cidade de Tui”. Ao igual que o ano pasado neste evento recoñecerase a unha persoa e un colectivo pola a súa achega ao desenvolvemento social dende o seu ámbito profesional ou por calquera acción de relevancia que teña contribuído ao engrandecemento e difusión de Tui e os seus cidadáns. O premio individual será entregado a Alberto Romero Rodríguez “Romer” polo seu destacado traballo na promoción dos muiños do río Tripes, impulsor da romaría “Os nosos fariñeiros, burros e muíños” e promotor da Asociación de Muiñeiros do río Tripes. Tamén se recoñecerá o seu labor de investigación do noso patrimonio etnográfico e inmaterial relacionado co río Tripes e o Parque Natural do Monte Aloia.

Másnoticias

La experiencia de "La Casa de Papel" llega al área de Vigo con una prueba inmersiva en Tui

La experiencia de "La Casa de Papel" llega al área de Vigo con una prueba inmersiva en Tui

20/07/2026
Tui descubre su memoria democrática con una visita guiada completamente gratuita

Tui descubre su memoria democrática con una visita guiada completamente gratuita

20/07/2026

Na categoría colectiva o galardón é concedido á Asociación Asistencial Sos Tomiño – Baixo Miño que desenvolve o seu labor dende hai 13 no Baixo Miño. Este colectivo é un exemplo sobranceiro de compromiso social a prol dos máis desfavorecidos de Tui, de Tomiño, O Rosal e Oia. O xurado valorou o traballo xeneroso e altruísta dos numerosos voluntarios que integran esta Asociación, a colaboración interxeracional que promoven nas súas actividades, o amplo programa asistencial e a excelente organización á hora da recollida e distribución das axudas e a alta efectividade coa que desenvolven o seu labor. O acto contará coas intervencións do alcalde, Enrique Cabaleiro, e da concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente. Actuará a Big Band do Conservatorio Profesional de Música de Tui. Ao remate da Gala será inaugurada, na Sala Municipal a exposición “Artistas Tudenses”.

A música será un dos pratos fortes desta fin de semana coa actuación do grupo canario “Efecto Pasillo” o sábado ás 23 h no recinto feiral. Os grupos locais estarán tamén en concerto, neste caso na carpa instalada no Paseo da Corredoira, onde o sábado ás 21.30 h actuará Micalip’s e o domingo, á mesma hora, No All Kansas. A charanga tudense Cantos Somos actuará o sábado (12 h) na praza da Inmaculada e o domingo (19.30 h) polas rúas do centro urbano.

O domingo na carpa da Corredoira actuarán ás 12.30 h a Banda de Música Popular de Tui, e ás 18 h a Banda de Música de Salvaterra. A primeira verbena das festas, na rúa Compostela, estará a cargo da Orquestra Satélites o domingo dende ás 18.30 h.

Non faltará a cita coa música tradicional no Festival Folclórico Festas de San Telmo que se vai celebrar o domingo, ás 17.30 h, no Teatro Municipal coa participación dos grupos do Traxe Tradicional (Tui), Seixos Albos (Areas), Lembranzas da Terra (Guillarei), Inquedanzas (Pazos de Reis), O Mosteiro (Pexegueiro), Xuntanza (Randufe), San Fins (Rebordáns), Santa Columba (Ribadelouro) e San Telmo(Tui).

Nas festas de San Telmo a gastronomía tamén esta presente. En cinco restaurantes tudenses Asador Paulo, El Molino, La de Manu, O Novo Cabalo Furado e Parador de Tui, pódese degustar o meixón, previa reserva, a un prezo de 69 € a ración.

E tanto o sábado coma o domingo na praza da Inmaculada celébrase a de 12 a 15 h e de 18 a 21 h o I Encontro de Viños da Raia. A prezos populares, dende 2€ a copa e dende 10€ a botella, poderanse degustar os viños brancos, tintos e espumosos de Adega Corisca de Tui, Adega do Vimbio de Tomiño, Adega Edmundo Val de Valença, Sergio Álvarez do Rosal, Lagar Pedregales de Tomiño, Adega do Ricón de Arbo, Adega Pateira do Rosal, Adegas Xangall de Arbo, Aquí Começa Portugal de Cevide, e Adega María Bargiela de Salvaterra de Miño. A copa conmemorativa terá un prezo de 2,5 €. Amais tanto o sábado coma o domingo, ás 19 h no interior dos antigos xulgados, a sumiller tudense Marina Cruces, guiará ás persoas presentes a través dos viños das adegas participantes nunha maridaxe de música e viño. Para participar será preciso inscrición previa de entrada, cun prezo de 2€, no posto da organización, na mesma praza da Inmaculada, o mesmo día en que se desexa asistir.

Temas: fiestas en GaliciaO Baixo MiñoSan TelmoSan Telmo 2022San Telmo de TuiTui
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

El Festival Artistas de Rúa convertirá de nuevo Redondela en un gran circo a cielo abierto
Espectáculos

El Artistas da Rúa vuelve a Redondela con espectáculos gratis y el concierto de un joven talento gallego

Redondela ya tiene fecha y programa para el festival "Artistas na Rúa". Habrá marionetas, ilusionismo, teatro y acrobacias en una única jornada

PorIván Dacal
21/07/2026
Un mercado efímero transformará un centro comercial de Vigo en una auténtica galería de arte
Qué hacer

Un mercado efímero transformará un centro comercial de Vigo en una auténtica galería de arte

¿Te gustaría descubrir más arte local? Descubre la popular iniciativa artística volverá a tomar un espacio de Vigo

PorSara Rodríguez
21/07/2026
Una popular fiesta gastronómica del área de Vigo servirá más de 2.000 kilos de churrasco en un día
Qué hacer

Una popular fiesta gastronómica del área de Vigo servirá más de 2.000 kilos de churrasco en un día

Más de 2.500 raciones de churrasco para todos los asistentes. Descubre esta emblemática fiesta gastronómica del área de Vigo

PorSara Rodríguez
21/07/2026
Vuelve a la plaza pública de Vialia Vigo el gran evento gastro con las hamburguesas más "top" de España
Qué hacer

Vuelve a la plaza pública de Vialia Vigo el gran evento gastro con las hamburguesas más "top" de España

Vialia Vigo volverá a convertirse en el epicentro de las "smash burgers". The Champions Burger llega con sus combinaciones más locas

PorSara Rodríguez
21/07/2026
O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia
Enfoque

O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

PorUxía Pérez
16/07/2026

Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

24julTodo el día26Fiesta de Porrigalia 2026 en O PorriñoFIESTAS | O PORRIÑO

25julTodo el día26Festa da Sardiña en A Guía, TeisFIESTAS GASTRONÓMICAS | VIGO

25jul12:0023:59Bocados e Grolos en NigránCÓCTELES Y TAPAS | NIGRÁN

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X