O exterior da Igrexa de A Guarda celebrará este mércores, 24 de agosto, a partir das 20:30 horas unha nova actuación da terceira edición do programa “Música no Ar”, que a Deputación de Pontevedra ten en marcha co obxectivo de levar a música clásica a espazos patrimoniais da provincia como pazos, mosteiros, igrexas, bens de patrimonio industrial, conxuntos etnográficos e espazos protexidos cheos de maxia e historia. As persoas interesadas en acudir a esta cita poderán asistir sen reserva, xa que a entrada é libre ata completar aforo.
A velada estará protagonizada pola soprano Mila UT e a pianista Ana Belén Rodríguez, ámbalas dúas contan cunha recoñecida traxectoria no panorama musical actual. Mila UT construíu a súa carreira en torno á ensinanza e é profesora de Linguaxe Musical e de Canto no Máster en Teatro e Artes Escénicas da Universidade de Vigo. Pola súa parte, Ana Belén Rodríguez estudiou Piano Clásico no Conservatorio Superior de Música de Vigo e formouse xunto ós mellores no seu ámbito así como Peter Efler, Eulalia Solé ou Luiz de Moura Castro, entre outros, e diplomouse en Música Moderna e Jazz polo Centro Profesional de Música Moderna de Santiago de Compostela.
Algunhas das pezas clásicas que interpretarán son: Oratorio de Haendel, Sposa de Vivaldi, Pamina de Mozart, Gretchen de Schubert, Antonia de Offenbach ou Allerseelen de Strauss, entre outras.
“Música no Ar”, enmarcado no amplo programa da Deputación, “Con-Fiando Cultura” ten como meta promover e garantir o acceso igualitario á cultura para todos e todas, amais de por en valor espazos da memoria, da arte e da identidade da nosa provincia.
El Centro Comercial Travesía de Vigo ofrece una propuesta diferente para San Valentín. Esta es la iniciativa gratuita que ofrecen a sus clientes
Vigo tendrá una fiesta de Entroido diseñada especialmente para el público más familiar. Habrá desde concursos y chocolatada hasta trends de Tik Tok
Hay muchos puentes que unen Tui y Valença, concretamente los que logra tender la música. Este concierto es el mejor ejemplo de unión entre Galicia y Portugal
Ponteareas ya ha desvelado su gran propuesta para el Entroido de este 2025. No te pierdas el programa completo de este planazo en Pontevedra
Liderado por monodon de Navantia, participan 12 entidades de siete países - Está deseñado para operar en constelacións de satélites
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL