O Concello de Tui énchese esta fin de semana de citas de lecer e deportivas. No eido musical, como celebración dos Días Europeos do Camiño de Santiago, o municipio baixomiñoto albergará unha dobre proposta. Este sábado 19, ás 18:00 horas, na Catedral de Tui poderanse escoitar distintas composicións inspiradas no Camiño de Santiago, escritas por compositores e compositoras galegos e portugueses. Será no concerto “Música en Camiño” organizado pola CEER, a Rede de Universidades da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.
Pola súa parte, o domingo, ás 12:30 horas, no Paseo da Corredoira, ou se chove na Oficina de Turismo, a cantante e compositora Nastasia Zürcher achega a súa proposta musical titulada "Un camiño de fusión e liberdade” dentro do programa “Camiño A Dentro” promovido pola Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia. Nastasia Zürcher conta con dous traballos discográfico “My flight” e “BEAT”, estando arestora na xira deste segundo disco.
No eido deportivo, o sábado dende ás 19:30 horas está prevista á chegada á rúa Olímpicos dos participantes no V Budiño Raid Terras do Louro. Sairá ás 9:30 horas dende Mos para realizar un percorrido de 80 quilómetros divididos en cinco sectores, cun tempo máximo de carreira de 10 horas. É unha competición multidisciplinar na que os participantes terán que demostrar a súa capacidade de resistencia, a súa orientación e a súa habilidade. Será a cuarta proba da Liga Galega de Raids de Orientación 2019 e contará con tres categorías Élite, Aventura e Orienta – Raid. Está organizado por BudiñoRAID, a sección de Orientación da Asociación Deportiva A Forna de Budiño.
O domingo medio centenar de persoas participarán na Concentración de Clásicos do Baixo Miño que partirá ás 11:00 horas dende o Paseo da Corredoira para realizar unha ruta até Caldelas e volver ao punto de partida, onde os coches quedarán expostos até ás 18:00 horas. Entre os coches máis antigos que participarán figura un Citroën de 1923. Este evento está organizado pola Asociación de Clásicos do Baixo Miño coa colaboración do Concello de Tui.
El penúltimo fin de semana de julio llega con citas imprescindibles del verano vigués y opciones para todos los gustos. ¡Toma nota!
Vigo se prepara para disfrutar de la Romería de San Roque. David Civera es el gran bombazo de un programa con conciertos, sesión vermú o comida
Monçao celebra este fin de semana una fiesta gastronómica especial, la de "la Rosca e do Papudo". ¡Este es su programa!
Vigo podrá disfrutar este sábado del Inmersa Dance Fest, que pondrá a bailar a las personas que se acerquen hasta Porta do Sol
Supón un fito no eido da acuicultura sustentable e podería reducir a dependencia dos bancos naturais
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL