O Concello de Nigrán abre o seu xa tradicional ‘Mes do Teatro’ este sábado 5 de outubro ás 20:00 horas no Auditorio Municipal coa actuación estelar do grupo ‘Chévere’, compañía de referencia a nivel galego e tamén español que representará "As fillas bravas". O Concello programa outras cinco actuacións de grupos de teatro afeccionado da comarca os restantes sábados de outubro e ata o 16 de novembro, todas elas con entrada de balde e ata completar aforo.
A compañía Chévere ten un currículum destacado de máis de 30 anos de experiencia enriba dos escenarios. No 2014 gañou o Premio Nacional de Teatro. A obra “As fillas bravas” conta a historia de tres mulleres que tocan e cantan o que lles peta como antes fixeron a súa nai e a nai da súa nai, porque todas son fillas do vento, mulleres de andar a pé do toxo, orgullosas de vir de tras da silveira, cantoras dunha estirpe de voces furtivas que berran entre raposos. Con esta peza Chévere segue a explorar as posibilidades dun teatro con perspectiva de xénero, dando continuidade a traballos que cuestionaron a rixidez dos xéneros (Testosterona), que reivindicaron as voces silenciadas dunha forza de traballo feminina que segue levantando imperios económicos na era da globalización (Citizen), que promoveron unha lectura crítica dos valores machistas que transmiten as cancións románticas (I’ll be watching you). Nesa liña de traballo, “As Fillas Bravas” veñen para reafirmar modelos empoderados de muller, vencellados a expresións culturais tradicionais que agochan berros emancipatorios e cantos de rebeldía insospeitados.
“As Fillas Bravas” é tamén un traballo de investigación sobre a sexualidade, as relacións de xénero e os roles da muller na sociedade tradicional que aparecen reflexados nas coplas do cancioneiro popular galego, para o que se fixo un traballo de procura, escolma e adaptación de textos de transmisión oral publicados desde a segunda metade do século XIX.
“É un orgullo que Chévere abra a nosa programación anual adicada a promover e visibilizar o teatro porque, de feito, é a compañía galega con maior proxección en toda España. Nas súas creacións prima o compromiso social e a innovación e son un referente para tódolos amantes da cultura”, indica Juan González, alcalde de Nigrán.
Nigrán presenta un nuevo ciclo musical para todo el verano. Una nueva apuesta por la música en directo en el área de Vigo
Un pequeño concello a poco más de una hora de Vigo disfrutará de nuevo de una gran fiesta mexicana. Habrá comida tradicional y música en directo
Vuelve en Cerveira el Splash Family Festival. Durará dos días y tendrá hinchables para todas las edades, alguno de hasta 12 metros de altura
Nigrán ofrece la oportunidad de ver al aire libre y de noche una destacada película rodada en el área de Vigo. Este es el horario y el lugar
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL