O Concello de Nigrán inaugurará o sábado 18 de febreiro a programación de Entroido co tradicional concurso de comparsas presentado polo monologuista Pepo Suevos e con animación de rúa a cargo da batucada ‘Bate no Cobre’ na apertura do desfile e durante a deliberación do xurado.
En total, no desfile de Entroido de Nigrán participarán preto de 1.000 persoas repartidas en 13 comparsas de toda a comarca, sumando a máis numerosa delas 108 integrantes e a que menos 43. O desfile, como é habitual, comezará ás 21:00 horas e irá desde a rúa Telleira ata a Casa Consistorial e o fallo e achega de premios será in-situ. En caso de previsión de choiva a data mudaría para outra que se anunciaría con suficiente anticipación.
A programación do Concello continuará o luns 20 de febreiro cunha festa de entroido infantil no Auditorio Municipal desde as 17:30 horas e, ao día seguinte, martes 21 desde ás 18:30 horas, organízase un baile con música en directo do trio Azar e concurso de disfraces para todos os públicos con premio para o disfrace máis simpático, máis elaborado e parella máis danzarina. O entroido nigranés proseguirá cunha excursión para maiores o domingo 26 de febreiro á ‘Festa do Lacón con Grelos’ de Cuntis, evento para o que o Concello abrirá o 15 e 16 de Febreiro o prazo de inscrición previa (de 9:00 a 12:00 no Pavillón de Panxón).
O seguinte prato estrela chegará na tarde do sábado 4 de marzo co tradicional enterro do kiko de Parada que, unha vez máis, partirá desde a Casa do Concello tirado por un carro de bois para ser velado e sentenciado no Torreiro de Parada, onde haberá festa durante toda a tardiña.
Esta peculiar celebración naceu da man do Centro Cultural e Recreativo Parada do Miñor como alternativa ao típico ‘Enterro da Sardiña’, xa que a parroquia non ten mar pero si presume de múltiples galiñeiros con “kikos” (ata o punto de que é a figura que representa á entidade). Ao longo de preto dunha década de vida foi adquirindo sona na localidade e, o que comezou como unha festa entre veciños, é hoxe en día un evento de referencia no municipio ao incluír o Concello hai oito anos a saída da comitiva desde o Auditorio Municipal e co kiko tirado por un carro de bois.
marzo de 2023
Tipo de evento
Todos
Conciertos
Espectáculos
Festivales
Festivos
Fiestas
Planes y actividades
Concello
Todos
A Cañiza
A Guarda
Arbo
As Neves
Baiona
Bueu
Cangas
Covelo
Gondomar
Moaña
Mondariz
Mos
Nigrán
O Porriño
O Rosal
Oia
Ponteareas
Pontevedra
Portas
Redondela
Salceda de Caselas
Salvaterra do Miño
Soutomaior
Tomiño
Tui
Valença
Vigo
Vilaboa
A programación da XXV edición da Miteu acollerá un total de seis representación entre os meses de marzo e maio con entrada de balde
marzo de 2023
Tipo de evento
Todos
Conciertos
Espectáculos
Festivales
Festivos
Fiestas
Planes y actividades
Concello
Todos
A Cañiza
A Guarda
Arbo
As Neves
Baiona
Bueu
Cangas
Covelo
Gondomar
Moaña
Mondariz
Mos
Nigrán
O Porriño
O Rosal
Oia
Ponteareas
Pontevedra
Portas
Redondela
Salceda de Caselas
Salvaterra do Miño
Soutomaior
Tomiño
Tui
Valença
Vigo
Vilaboa
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL