O Concello de Nigrán continúa este mércores,13 de xullo, coas súas andainas da programación de verán. Esta vez, cun roteiro pola variante litoral do Camiño Portugués pola Costa. O punto de encontro é ás 20:00 horas na Ponte Romana da Ramallosa e terá unha duración de dúas horas aproximadamente, sendo a dificultade media-baixa. Os participantes deberán levar roupa e calzado axeitados, así coma unha botella de auga.
Os seguintes roteiros polo litoral serán o 1 de Agosto (saída da Ponte da Ramallosa), Camiño Portugués Oficial (20 de Xullo e 24 de Agosto, saída da Ponte da Ramallosa) e 'A praia dos Afogados' baseada no libro de Domingo Villar (27 de Xullo e 31 de Agosto, saída da Praia da Madorra). Todos ás 20:00 horas.
Con respecto a este último, Nigrán súmase con esta iniciativa a unha acción que realiza desde 2019 o Concello de Moaña, que xa puxo en valor o potencial do turismo literario da triloxía protagonizada por Leo Caldas e creada á perfección por Domingo Villar, unha obra que levou ao escritor vigués a ser considerado un dos referentes da novela negra en España. Así, o Concello de Nigrán este verán levará a os interesados polos lugares que inspiraron a Domingo Villar en “A praia dos afogados”, a segunda das novelas de Leo Caldas e que foi adaptada ao cinema polo director Gerardo Ferreiro, un filme protagonizado por Carmelo Gómez, Celia Freijeiro ou Pedro Alonso.
Non é necesario inscrición previa, tan só hai que presentarse na Ponte da Ramallosa ás 20:00 horas e é de balde.
Nigrán presenta un nuevo ciclo musical para todo el verano. Una nueva apuesta por la música en directo en el área de Vigo
Un pequeño concello a poco más de una hora de Vigo disfrutará de nuevo de una gran fiesta mexicana. Habrá comida tradicional y música en directo
Vuelve en Cerveira el Splash Family Festival. Durará dos días y tendrá hinchables para todas las edades, alguno de hasta 12 metros de altura
Nigrán ofrece la oportunidad de ver al aire libre y de noche una destacada película rodada en el área de Vigo. Este es el horario y el lugar
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL