• Concierto Castrelos
  • Futuro súper Vigo
  • Tren Rías Baixas
  • Mini Pisos Vigo
  • Mundial Vigo
  • Mercado piso Vigo
  • Ruta senderismo
  • Obras en Balaídos
  • Concurso pan
  • París de Noia
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Qué hacer

Nigrán viaxa aos anos 50 coas caricaturas da sociedade da comarca feitas por Emilio Alonso Freiría

Nigrán viaxa aos anos 50 coas caricaturas da sociedade da comarca feitas por Emilio Alonso Freiría
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
26/04/2023

O Concello de Nigrán estreou este martes, no Pavillón Municipal de Panxón, a exposición ‘Caricaturas de Antano’ do artista autodidacta e home polifacético Emilio Alonso Freiría, oriundo de Panxón (20-04-1921) e falecido precisamente o 25 de abril de 2021 en A Guarda. Trátase da vez primeira que ven a luz estes retratos orixinais de 21 personaxes ilustres e populares da comarca dos anos 50 e xa falecidos, "polo que o compoñente emocional desta mostra é indubidable e, por iso tamén, se fixo coincidir a inauguración co cabodano de Emilio a modo de homenaxe", explican dende o Concello.

Na mostra figuran perfectamente documentados desde o mariñeiro Veremundo Álvarez Trabazos ao limpabotas ‘Chorita’, o acordeonista José Manuel Gallego, o novillero ‘El perlita’ ou ilustres como Latino Salgueiro, quen foi alcalde de Gondomar, o futbolista ‘Nolete’ ou persoeiros do mundo xudicial da comarca, todos eles retratados ou caricaturizados coa máxima dignidade e respecto.

Másnoticias

Nigrán aprueba rehabilitar la antigua escuela unitaria de Chandebrito y darle una nueva imagen

Nigrán aprueba rehabilitar la antigua escuela unitaria de Chandebrito y darle una nueva imagen

03/06/2026
Últimas plazas para disfrutar de dos rutas gratuitas por Monteferro y Praia América en Nigrán

El cadáver momificado hallado en Monteferro, Nigrán, era el de un vecino de Cangas de 43 años

03/06/2026

A exposición, que tamén contén os seus debuxos orixinais de edificios como o Templo Votivo ou o Monumento á Mariña e algunha festa popular, estará aberta ata o 31 de maio de 9:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas de luns a venres na entrada do Pavillón Municipal de Panxón, lugar elixido por ser el mesmo oriundo desta parroquia á que sempre mostrou o seu gran afecto pese a pasar boa parte da súa vida en A Guarda.

Artista autodidacta e home polifacético, Freiría estivo sempre moi vinculado á vida socio-cultural deste municipio. Fundador do club Dunas, secretario da Confraría de Pescadores, axente xudicial no Xulgado da Ramallosa, entre outros secotres, destacou como caricaturista, xornalista, músico e gran ilustrador. En definitiva, “unha persoa inqueda á que lle gusta picar en todo”, tal e como el mesmo refería.

“É un luxo poder ofrecer esta exposición que nos retrotrae ao Nigrán dos anos 50, moitas persoas do municipio se emocionarán ao atopar aquí caricaturas dos seus familiares ou amigos xa falecidos; o legado que nos deixa é impresionante, así que esta é a nosa maneira de renderlle tributo e agradecemento”, subliñou o alcalde, Juan González, ante a súa filla de Freiría, Emilia Alonso, que acudíu á inauguración este mediodía xunto a outros familares e veciñanza de Panxón.

“O meu pai estaría feliz de ver esta exposición, o certo é que foi un home moi especial. Faleceu o 20 de abril de 2021 e agora estou a gozar moitísimo redescubrindo todo o seu legado, era meticuloso e perfeccionista e gardaba absolutamente todo, así que considero que é marabilloso poder compartilo coa veciñanza de Nigrán e que o Concello o preserve, gardado na nosa casa non tiña ningún sentido, o meu pai estaría totalmente de acordo”, sinala Emilia Alonso.

Así, o Concello recibíu o ano pasado de mans de Emilia a colección ao completo de 1934 a 1986 da revista ‘Miñor’ do Círculo Social de Baiona, Gondomar e Nigrán en Buenos Aires, entidade que lle concedeu na década dos 60 a medalla de ouro e o título de ‘Correspondente Honorario’. Todos, perfectamente encadernados en catro tomos, e que están a ser dixitalizados para poder consultalos na Biblioteca Municipal de Nigrán, onde tamén se gardarán en depósito.

Igualmente, o álbum familiar da súa vida en Panxón xunto a súa muller Luciana Román Iglesias foi dixitalizado e integra xa parte esencial xa do Arquivo Histórico Audiovisual online  ao conter imaxes espectaculares da zona das dunas e portuaria. A maiores, a familia entregou documentos como a acta fundacional do Dunas Club de Fútbol, debuxos, plumillas, entre outros.

“O material que tan xenerosamente nos cederon é único e dun valor incalculable. Todo está a ser preservado e dixitalizado para enriquecer o noso Arquivo Histórico e para que estea a disposición da veciñanza. A colección da revista ‘Miñor’ está perfectamente conservada e reflicte a nosa historia emigrante e as caricaturas retratan personaxes populares que os maiores todavía recordan”, explica o alcalde, Juan González, quen agradece a xenerosidade da súa familia, veciña de A Guarda, onde Freiría se asentou como oficial de xustiza desde 1957 participando activamente na vida sociocultural da vila, onde lle chegaron a homenaxear oficialmente nas Letras Galegas de 2021.

Exemplo dun debuxo de Emilio Alonso Freiría (Concello Nigrán)

Biografía

Emilio Alonso Freiría naceu en Panxón o 20 de abril de 1921. Desde pequeno destacou na escola coma un estudante aventaxado pero o estalido da Guerra Civil frustrou a súa intención de entrar en Bacharelato. Para colaborar na economía familiar tivo que traballar como agricultor, viñateiro, administrativo nunha fábrica de conserva, entre outros. Compaxinou o traballo co estudo por correspondencia para ser contable ata que no 1942 é chamado a ‘quintas’. Ali desenvolve a súa afección polo clarinete e o violín e forma parta da Banda de Música, paixón que nunca abandonaría.

Xa no 1945 licénciase e de regreso a Panxón exerce como secretario da Confraría de Pescadores ata que comeza a preparar por libre oposicións á Administración de Xustiza obtendo praza no Xulgado de Paz de A Ramallosa. Mentras traballa aquí, prepara oposicións para Oficial de Xustiza, aprobando no 1956 e obtendo praza na Guarda, onde exerce ata a súa xubilación no 1987.

Na súa etapa no Xulgado de Paz de A Ramallosa Emilio exerce tamén como correspondente para Faro de Vigo en Panxón, desta etapa son as súas caricaturas de personaxes populares ou curiosas, moitas delas publicadas neste xornal. As súas colaboracións xornalísticas inclúen El Pueblo Gallego, La Noche, Atlántico Diario… Destacando o concesión da medalla de ouro por parte da revista da emigración ‘Miñor’ e o título de ‘Correspondente honorario’.

Durante toda a súa vida Freiría desenvolveu o seu gusto pola pintura e ilustración con diferentes técnicas, desde óleo a acuarela ou plumilla, pero se en algo destacou na vida foi pola súa gran implicación sociocultural nos dous municipios onde viviu, Nigrán e A Guarda. En ambos fundou asociacións deportivas, culturais, festeiras, etc. sendo recoñecido como un veciño ilustre ata o seu falecemento o 25 de abril de 2021 na súa casa de A Guarda.

Temas: exposiciones en NigránNigránO Val Miñor
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Muebles retro, moda vintage y piezas únicas en un mercadillo efímero en Vigo
Qué hacer

Muebles retro, moda vintage y piezas únicas en un mercadillo efímero en Vigo

Vigo acogerá un mercadillo vintage solo durante un día. Se podrán encontrar muebles retro, moda vintage y otras piezas

PorSara Rodríguez
04/06/2026
Una gran verbena, lanzamiento de cohete y food trucks para arrancar la Festa da Rosa de Mos
Fiestas

Una gran verbena, lanzamiento de cohete y food trucks para arrancar la Festa da Rosa de Mos

Mos calienta motores para la Festa da Rosa y continúa desvelando novedades. Arrancará con el lanzamiento del cohete y una gran orquesta

PorMetropolitano
04/06/2026
El Mundial de fútbol se vivirá de una forma muy especial en un local de la zona de fiesta de Vigo
Qué hacer

El Mundial de fútbol se vivirá de una forma muy especial en un local de la zona de fiesta de Vigo

"Lo vamos a ver entre cervezas, amplios, guitarras", señala un local de Churruca, que propone esta propuesta para ver el Mundial en Vigo

PorIván Dacal
03/06/2026
¿Está en Galicia el mejor panadero de España? Un certamen nacional aterriza en el área de Vigo
Qué hacer

¿Está el mejor pan de España en el área de Vigo? Un concurso en Mos premia las mejores recetas

El Pazo de Mos acoge el concurso "Premio Estrellas de la Panadería Española 2026". ¿Está una receta del área de Vigo entre las mejores?

PorIván Dacal
03/06/2026
El fotógrafo de Vigo que conquista a España con la imagen de un fotomatón
Enfoque

El fotógrafo de Vigo que conquista a España con la imagen de un fotomatón

PorCarlos I. Castrillón
03/06/2026

El vigués Jorge Lens, premiado en un certamen de fotografía urbano promovido por PhotoEspaña. En una convocatoria cerca de 2.500 imágenes

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

No hay eventos

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X